xoves. 01.05.2025
El tiempo

Cee arrasa nos campionatos provinciais de pista

Cee arrasa nos campionatos provinciais de pista
Ceenses do Olimpia nos Provinciais de Riveira Ceenses do Olimpia nos Provinciais de Ribeira

Foi esta unha semana onde os peque-atletas da bisbarra descubrían un bo espello mazaricán onde mirarse. E o futuro está garantido vendo os resultados, por exemplo, da familia do Olimpia e do Manuela Rial, que participaron este pasado sábado 21 no Fieiteira de Riveira o Campionato Provincial de atletismo en pista.

 

10 medallas para o Manuela Rial

Os ceenses de marcha do Manuela Rial Tiago Fernández, subcampeón provincial e Xavier Cives, bronce en marcha benxamín para o Manuela Rial

O colexio ceense Manuela Rial Mouzo, clasificou un total de 18 deportistas conseguindo un total de 10 medallas: 4 de ouro, 2 de prata e 4 de bronce. Os deportistas dirixidos por Luís Alberto Fernández, conseguiron alcanzar un gran nivel de competición aínda que o día non fose o máis idóneo, xa que na xornada vespertina a choiva dificultó moito a competición, sobre todo os concursos.

Os resultados máis destacados foron os seguintes:

  • Daniel González quedaría dobre campión provincial en 150m lisos e lanzamento de disco, e lograría a medalla de bronce en triplo salto na categoría infantil.
  • Miguel Zhang proclamaríase campión provincial en lanzamento de peso e subcampeón provincial en lanzamento de pelota en categoría benjamín.
  • No lanzamento de martillo infantil, Enrique Lado quedaría campión provincial e Adrián Sambade lograría a medalla de bronce.
  • Na modalidade de 1 km marcha benxamín, Tiago Fernández quedaría subcampeón provincial e Xavier Cives lograría a medalla de bronce.
  • Para rematar, Matías Lemus gañaría a medalla de bronce en salto de lonxitude benjamín.
  • Destacar tamén a actuación de Pablo Rei que quedaría cuarto no 80m lisos infantil, a tan só 2 décimas do bronce.

Con estes magníficos resultados, finaliza a tempada de atletismo en pista para os atletas do Manuela Rial, mellorando as 7 medallas alcanzadas a tempada pasada.

Marea de podios para o Olimpia

En marzo facían un papel sobresaliente en campo a través, e esta pasada fin de semana competían no Campionato Provincial de Pista cuberta nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil, que Ribeira.

Estes foron os fantásticos resultados:

  • O equipo 2º no relevo 4x50 benxamín.
  • Juan Castiñeira 7º no 1000 m benxamín.
  • Laura Castiñeira 5º no 1000 m benxamín.
  • Sabela Carreira 5º ; Liana Quintela 12º; Martina Garcia 14º no 500 benxamín.
  • Bruno Méndez 3º lanzamento de pelota benxamín.
  • Álvaro Rodríguez 9º no 60 m alevín.
  • Minerva Lago 5º no 2000 m alevín.
  • O equipo 4º no relevo 4x80 infantil.
  • Miguel Quintáns 4º no 80 m infantil.
  • Miguel Quintáns 4º en 150 m infantil.
  • Antonio Luaces 4º no 3000 m infantil.
  • Ana Oca 3º no 3000 m infantil.
  • Lucía Suárez 2º en 80 m vallas infantil.
  • Xiana Lago 5º en 220 m vallas infantil.
  • Carlos País 3º no 1000 obstáculos infantil.
  • Lucía Suárez 2º no 1000 obstáculos infantil.
  • Xiana Lago 5º en peso infantil.
  • Marta Lavandeira 10º en salto de Lonxitude infantil.
Ana Oca tamen sabe correr Ana Oca tamén sabe correr e quedou 3ª nos 3000 m infantil

Elian Numa, camiño dos campionatos de España

A estes resultados hai que engadirlle a vitoria de Elian Numa nos 800 metros do Trofeo de Marineda, disputado o venres en Coruña cun tempo de 2:00, unha marca moi próxima a mínima para o Campionato de España Xuvenil.

Elian Numa camino dos Campionatos de Espana xuvenil de Atletismo

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (infoºquepasanacosta.com)

Comentarios