A gran familia do tenis de mesa da Costa da Morte segue medrando

Imaxe dun Torneo de tenis de mesa organizado en Zas o ano pasado

Nova semana completa de tenis de mesa para a familia costeira. Zas, Vimianzo, Mazaricos e Santa Comba seguen inmersos nas diferentes competicións, tendo ademais xogadores de Baio, Malpica ou Ponteceso, pero que entrenan en Zas.

Ademais, este mércores debuta nun torneo en Oroso a Escola de tenis de Mesa de Cee, demostrando o potencial deste deporte na comarca, e facendo unha gran familia do tenis de mesa na Costa da Morte.

 

2ª División Nacional

  • Resultado: CD Dez Portas - AD Zas Ponciano Nieto (4-2).

Nada poideron facer os zaseiros ante un equipo que loitará polo ascenso, e de momento é moita a diferencia entre os xogadores pois tanto Ahmed coma Ramón Becerra xogaron categorías superiores coma división de honra e Superdivisión.
Brais e Miguel aproveitaron para gañar os seus partiods ante un que debutaba nesta liga. Non por elo deixan de loitar todos os puntos, nin de tomar con optim ismo cada partido a xogar, pouco a pouco iraselle collendo o ritmo a esta división.

 

1ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Construcciones Cernadas - CTM Lalín "B" (3-4).
  • Resultado: AD Zas Construcciones Cernadas - CTM Lalín “B” (3-4).
  • Resultado: Arteal “A” - Concello de Mazaricos (2-4).

Por moi pouco se lle escapou a vitoria aos de Zas ante o lider Lalín, e a clave estivo no partido de dobres con dous desempates no 1º e 3º set que favoreceron aos visitantes. Con este é o primeiro partido de dobres que perden na liga. Con todo deron mostras de que lle poden gañar a calquer rival desta categoría. Moi ben Ana García gañando os seus partidos individuais e Raúl que gañou o outro partido.
Por parte do Concello de Mazaricos acadou outra vitoria para seguir nos postos altos da táboa e continuar coas ilusións intactas.

 

2ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - Oroso TM Trastes (2-4).
  • Resultado: AD Zas O Pinar - Oroso Peluquería Tije (0-4).
  • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - Oroso Peluquería Tije (0-4).
  • Resultado: AD Zas O Pinar - Oroso TM Trastes (1-4).
  • Resultado: SD A Baña - Liceo Noia D (3-4).
  • Resultado: Concello de Santa Comba - Liceo Noia D (4-1).
  • Resultado: Recreo Cultural de A Estrada - VTM Pizzería Hilton (4-0).
  • Resultado: Arteal “B” - VTM Pinturas Figueiras (4-1).

Tan só o Concello de Santa Comba acadou a vitoria entre os nosos representantes desta 2ª División Galega, pero ao igual que eles pasaron dúas temporadas para ir gañando moitos partidos, tamén lles vai de pasar aos demais, co tempo virán as vitorias.

 

Vindeiras citas

Para este mércores 6 de decembro a familia costeira ten previsto participar no torneo de Oroso, ao que se desprazarán un total de 32 xogadores aos que se añdirán moitos acompañantes. Destacar o debut de xogadores da escola de tenis de mesa de Cee e xunto con eles irán representantes de todas as localidades da comarca.

Por outra parte, Brais Blanco e Ana García desprazaranse ata Guadalaxara para participar o vindeiro fin de semana no torneo nacional, clasificatorio para o estatal de Valladolid do vindeiro ano. Brais terao moi dificil pois son en total 86 competidores para so 9 prazas, un pouco mais doado será para Ana pero so en canto a número (23) de rivais e non en canto a dificultade de nivel, xa que este será igual de alto. Esperemos que veñan os dous coa clasificación e así acompañar a Miriam Domínguez e Laura García que xa están clasificadas.

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Stevo Lema.