A II Quedada de Pesca de Corme xa superou expectativas e espera un mar ideal para a pesca de robaliza
Xa está todo preparado para a II Quedada de Pesca de Fondo e Spinning que este domingo 12 de novembro se celebrará en Corme. A tenda de pesca pontecesá A Bordo e a Asociación Deportiva de Pesca Marítima de Corme xa ultiman todos os preparativos. Andan revisando cebo, repasando os pedidos e aínda apuntando aos últimos en inscribirse.
Porque o prazo de inscrición segue aberto e iso que xa superaron as 50 persoas coas que contaban, e esperan que ao longo do día de hoxe aínda medre ese número.
Segundo nos conta Emilio Cambre, o “pronóstico para a pesca de fondo e de lubina é moi favorable. O mar está algo revolto pero non demasiado. Iso si, temos que pedir precaución, porque o mar segue sendo o mar. Contamos con que aguante sen chover ata a tarde, como dá o pronóstico”.
Así, a costa que vai dende a praia de Valarés ata a praia da Barba (dada a acollida da quedada dos participantes aumentouse a zona de pesca) está chea de deportistas, que aproveitaráns os sendeiros do Camiño dos Faros para colocarse no lugar ideal.
Emilio lembra que hai uns premios estupendos e que todo o mundo vai levar regalos xa na comida que realizará ao mediodía no Miramar.
Para a semana coñeceremos como foron esas capturas.
Novas relacionadas
- Corme prepárase para a Quedada de pesca de Fondo e Spinning.
- Setembro 17: O corcubionés Iván Costa sobe ao podio na Copa Sub-23 do Campionato de España de pesca submarina.
- Maio 17: O Campionato de Surfcasting feminino coloca Laxe no panorama da pesca deportiva estatal:
- “O Xallas é un dos mellores coutos de pesca de Europa”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).