Preferente: A piques de ser un gran día
11 de xaneiro de 2016 (11:57 h.)
Salvou un punto o Dumbría en Villestro, onde perdía por dous goles, mentres que o Xallas pecou de falta de puntería para levar maior premio co gallo da visita do Chantada
O Xallas saltando a Fontenla
Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook
Villestro 2-2 Dumbría
Campo: Da Barrosa
Villestro: César, Capi, Bruno, Guillermo (Martín m.70), Sebas, Agustín, Álex Boo, Vidal, Uxío, Santi Crego (Rial m.62), Pepe Cidranes (Rubén Pérez m.46)
Dumbría: Iván Bouzón, David Carreira (Jano m.46), Canario (Raúl m.46), Jose, Pablo, Iago, Alcaina (Martín m.73), Aarón, Charly (Juan de Dora m.46), Diego Cespón e Damián (Marcos m.59)
Árbitro: Montoto Taboada (Pontevedra). Expulsou a Uxío (m.72) e Aarón (m.80).
Goles: 1-0 m.9 Pepe; 2-0 m.25 Uxío; 2-1 m.41 Alcaina; 2-2 m.84 Raúl
Nando consegue unha transición positiva
Julian Ferreiro novo adestrador do Dumbria-Foto-Negreira Vet
Co ceense Nando no banco, e á espera da chegada de Julián Ferreiro, o Dumbría sacou un moi bo punto en Villestro, onde moi cedo ía xa con dous goles abaixo no marcador. Os erros na zaga condearon aos costeiros, aos que axudou o gol psicológxico de Alcaina, cun bo remate. Despois de intercambios de ocasiones nunha segunda metade aberta, Raúl fixo xustiza aos méritos dumbrieses e firmou o empate.
Xallas 0-0 Chantada
Campo: A Fontenla
Xallas: Julián, Christian, Óscar, Vecino (Rachón m.60), Barreiro, Canedo, Marcos, Jesús, Anxo (Santi Díaz m.75), Camilo (Barbeira m.89) y Coria
Chantada: Javi López, Borja Castro, Cebolli, Traste, Iago, Iván González, Joserra (Román m.54), Manu (Saa m.54), Anxo (Noe m.75), Kadete, Denis (Pulpix m.87)
Árbitro: Soto Pérez (Santiago).
A pólvora pagou o temporal
Un Xallas moi superior e moito máis incisivo non foi quen de levarse os tres puntos, ante un Chantada que non arriscou un ápice e que apenas inquedou a portería de Julián. Camilo, Anxo e Jesús dispuxeron de ata seis ocasións claras para desequilibrar.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).