A previa da xornada: Corme - Muxía, partido de altura
         20 de outubro de 2017 (15:15 h.)
      
    
              Nova fin de semana de fútbol costeiro, que se presenta intensa coma case todas. Infórmate dos horarios en www.futboldacosta.com, e ahí mesmo poderás seguir o carrusel de resultados costeiros ó minuto.
En Preferente Norte, un necesitado Xallas recibe ó At. Arteixo en Fontenla. O Dumbría tentará prolongar a xeira no Conco ante o potentísimo Lugo B, e a S.D.Sofán en xornada matinal do domingo recibe o Agrupación Estudiantil da Estrada. En 1ª Galicia, viaxes para todos excepto para o Baio, que recibe no Platas Reinoso a todo un Lalín. O San Lorenzo vai a un complicado campo, o do Silleda, buscando a primeira vitoria. O Fisterra en Chaian, e o Soneira en Rianxo tentarán traer os puntos para a costa para non desengancharse das zonas altas.