A SD Ponteceso lembra a Curro

Seguimos de verán cos torneos estivais no Fútbol da Costa, mentres esperamos pola Copa Deputación, pois os 9 equipos costeiros participantes terán que esperar ata a celebración do sorteo (falta aínda a formación do goberno da entidade provincial) e parece que a o comezo da Copa quedará adiada ata o 3 de agosto.

Esta fin de semana, este sábado 18 de xullo, teremos unha boa cita no Pinguel, co choque entre a SD Ponteceso e o Silva de 3ª División, para render homenaxe no I Memorial Manuel Antelo (Curro).

Torneo e Campus do Soneira

Xa pon en marcha ademais o Soneira o I Torneo de Fútbol7 Sub-16, no que poderán participar rapaces de entre 13 e 16 anos, e no que a inscripción é gratuita. Ao mesmo tempo, tamén presentamos o I Campus de verán, que durará 3 días, para as idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos, e no que a inscripción custa 15€ e inclúe unha camiseta e unha bolsa de deporte de agasallo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).