A SD Sofán ficha a Vitaldent
24 de outubro de 2018 (07:50 h.)
Continúa o SD Sofán dando pasos cara adiante, e así o demostra o novo acordo coa marca Vitaldent para patrocinar os todos os equipos de base do cadro carballés.
O club recibirá unha compensación económica, e os socio e integrantes dos equipos de fútbol basee beneficiaranse de descontos e vantaxes na clínica Vitaldent-Carballo.
Un acordo que permite seguir medrando a familia da SD e mellorando tanto o fútbol de base como a entidade en xeral da man desta importante marca comercial, líder no sector en España con máis de 300 clínicas en España e 14 en Galicia.