A selección Galega de tenis de mesa concéntrase por primeira vez na Costa da Morte

Esta semana o pavillón municipal de Zas recibirá a todo un combinado galego. A Selección Galega de tenis de mesa concéntrase na vila soneirá estes martes 29 e mércores 30 de agosto, da man do seleccionador galego, o zaseiro Miguel Rey. Será a primeira vez que se celebre unha concentración das seleccións galegas de tenis de mesa na Costa da Morte, e, esperemos que non sexa a última.

Serán dous días de convivencia e de entrenamentos de alto nivel durante a mañá e a tarde polo que Miguel tamén contará con sparrings que lle axuden na súa tarefa. Esta concentración servirá para preparar o torneo interterritorial que se celebrará os días 9 e 10 de setembro en Valencia de DonJuan (León).

Nesta concentración o seleccionador pretenderá potenciar os valores de grupo coa convivencia e xogos grupales, ademais do traballo físico, técnico e táctico propios das mesmas. A convocatoria é a seguinte: Sofia Couce, Mariña García, Brais Rodríguez, Noelia Santiago, Sabela López, Andrés Martín, Luisa Pintos, Diego Varela, Judith Cobas, Pedro Fdez., Pedro Castro, Xoán Vila, Ana Otero, Uxío Pampín, Laura Rodríguez, Andres T. e Manuel Monterroso.

Contará Miguel coa colaboración do Concello de Zas e tamén con membros do clube AD Zas de tenis de mesa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Stevo Lema.