A Selección Sub-15 da Costa debutou no Cairo

 
O primeiro equipo da Selección Sub 15 da Costa A Selección Coruñesa Sub-15 proclamouse campioá do I Torneo de fútbol Sub-15 que organiza a FGF coa colaboración da AD Vidú coa colaboración do Corme CF. Un torneo que se celebrou na tarde deste pasado mércores 24 de maio no campo do Cairo en Corme, e que serviu para que debutase unha nova iniciativa da man do delegado da Costa, Manuel Corredoira, que vertebra a comarca a través do deporte, a Selección da Costa sub-15. Case 100 nenos foron os que saltaron ao céspede artificial do Cairo para disputar este torneo e foron máis de 200 afeccionados, os que se achegaron ata a vila do Roncudo para gozar desta festa futbolística. As seleccións herculinas e costeiras abriron a xornada, e a rodaxe da primeira foi clave para o resultado. Tras este partido, saltarían ao terreo de xogo os outros dous equipos participantes, o At. Coruña Montañeros CF e o RC Deportivo. A vitoria sería para o equipo dirixido por Darío Cotelo nun encontro no que Atlético Coruña superaría a un cadro branquiazul con nenos moi novos pero moi talentosos, entre os cales se atopaban dous xogadores da casa comos son os cormeláns Jairo e Brais. No primeiro partido da segunda xornada, o combinado costeiro dirixido por Martín Vecino e Josiño Abelenda enfrontaríase ao Atlético Coruña Montañeros CF e os rapaces da Costa da Morte xa mostraron unha imaxe ben distinta e xa competirían de ti a ti ante un equipo moi ben traballado. Abría a conta do combinado costeiro o malpicán Manu Cancela que milita no Puenteceso SD, rapaz que xa quedará para sempre nos anais do fútbol da Costa por marcar o primeiro tanto na historia deste combinado. Pero finalmente, o conxunto herculino acadaría o empate por medio de Martín, gol que facía xustiza ao que se estaba vendo sobre o terreo de xogo.
Seleccion Costa - Seleccion Coruñesa Xa no primeiro partido da terceira e derradeira xornada, a Selección Coruñesa e o Atlético Coruña Montañeros CF xogaríanse o título de campión que se decantaba para o combinado. Tras isto, chegaría o mellor partido dunha Selección da Costa que foi de menos a máis, que demostrou acabar o torneo a un gran nivel e proba disto, foi a victoria colleitada ante o RC Deportivo nun encontro no que os rapaces de Josiño e Martín deron unha gran imaxe e conseguirían un amplo triunfo grazas aos goles de Diego Bermúdez (SD Fisterra), Martín (UC Cee) e de Javi Bermúdez (Corme CF), este último desatou o delirio da bancada do Cairo, ao ser un dos xogadores da casa que formaron nesta Selección da Costa. Ao remate deste torneo, o delegado da Federación Galega de Fútbol na Costa da Morte, Manolo Corredoira, fíxolle entrega do trofeo de campión ao capitán da Selección Coruñesa. Finalmente, no combinado non participaron os xogadores pre-convocados do Bergantiños. Os participantes foron: Lucas Rey e Manul cancela (SD Ponteceso), Tomás Ferreiro, Alex Castro e Martín Lema (UC Cee), Alex Sendón, Xan Insua, Samuel Quintáns, Lucas Toba, Brais Espasandín e Alberto Fandiño (Dumbría CF), Javi Bermúdez (Corme CF), Ryan Dos Santos e Aarón Gómez (Outes), Diego Estévez (SD FIsterra), Roberto Solís (SCR Esteirana), Davir Rey e Roberto Rodríguez (Cabana SD).
Manuel Corredoira, delegado da FGF na Costa, fai entrega dos trofeos RESULTADOS Selección da Costa 0 – 3 Selección Coruñesa
  • 0-1 5: Dani; 0-2 m.19: Andrés; 0-3 m.26: Víctor
Atlético Coruña Montañeros CF 2 – 0 RC Deportivo
  • 1-0 18: Eyob; 2-0 m.26: Marco
Selección da Costa 1 – 1 Atlético Coruña Montañeros CF
  • 1-0 15: Manu (Puenteceso SD); 1-1 m.26: Martín
Selección Coruñesa 1 – 0 RC Deportivo
  • 1-0 33: David Rey
Selección Coruñesa 2 – 1 Atlético Coruña Montañeros CF
  • 1-0 3: Eyob; 1-1 m.20: Merelas; 2-1 m.28: Merelas
Selección da Costa 3 – 0 RC Deportivo
  • 1-0 17: Diego Bermúdez (SD Fisterra); 2-0 m.22: Martín (UC Cee); 3-0 m.27: Javi Bermúdez (Corme CF)

Novas relacionadas

Fonte
  • AD Vidú