A sorte non lle sorríu á familia do tenis de mesa costeira

Só 5 vitorias dos 14 encontros que a familia do tenis de mesa disputou a pasada fin de semana. No resto só os equipos femeninos de 2ª Nacional acadaron as vitorias. Nos encontros importantes ou das ligas superiores, xa que importantes son todos, foron todo derrotas moi axustadas pero non sonreiu a vitoria en ningún deles. Quizais a máis sorprendente foi a derrota de Concello de Mazaricos ante o RC A Estrada pero serviralles para non fiarse no futuro. E a máis axustada e con opción de gañar tivoa o AD Zas Ponciano Nieto contra Vincios que no partido final de dobres e no 5º e definitivo set e con empate 9-9 tiña o saque. A lectura positiva é que agora loitase ata o último punto con opción de vitoria.  

2ª división nacional

  • Resultado: AD Zas Ponciano Nieto – AD Vincios Domínguez Dantas 3 - 4
Encontro longuísimo, empezou as 17 horas e rematou pasadas as 20’30, con puntos moi longos e partidos moi axustados donde os de AD Zas Ponciano Nieto levaron a peor parte destes partidos xa que perderon tres partidos por ese apretado 3-2 e con opcións de acadar o triunfo en todos eles. Puntuaron os tres xogadores locais e cambia a dinámica do xogo ao verse con opción de victoria pero aínda falta algo máis de confianza para conseguila. Os ánimos aumentaron, vese un panorama mellor e este debe continuar ata o último punto. Para o comentario de cada partido que cada un vexa como foron os parciais e darase conta de que a emoción non faltou en ningún momento da tarde noite no ximnasio de Zas.  

1ª División galega

  • Resultado: AD Zas Construcciones Cernadas – Oroso Hotel Santa Cruz 3 – 4

O AD Zas Construcciones Cernadas parece abonado as derrotas por 4-3, tamén consigue alguna victoria por ese resultado pero son as menos. E tamén parece que os xogadores de Oroso lles teñen tomada a medida aos de Zas polo menos nesta categoría. Este encontro non foi tan longo como o de 2ª nacional que se disputaba ao lado e nalgún punto do outro partido puido despistalos. Xa sabemos que a concentración neste deporte é fundamental. Aparte dos entrenos e as ganas, pero esto aos de Zas non lles falta.

  • Resultado: Concello de Mazaricos – CTM Recreo Cultural de A Estrada 3 – 4
Sorprendente a derrota do Concello de Mazaricos e ante o que tiveron moitas opción de victoria pero desperdiciadas polo exceso de confianza e falta de concentración. Así José A´ngel Lado non se debiu deixar sorprender por Ramos xa no primeiro partido e este debiu de servir de aviso ao resto de compañeiros e a el mesmo que tamén perdeu contra Carlos Delgado. Moi ben Javi Rodríguez conseguindo gañar os dous individuais e caso aparte o de Alex Blanco que superou a Carlos Delgado e en cambio perdeu contra Ángel Delgado que ten moito menos nivel de xogo. Aprenderá que non hai rival fácil nesta categoría. Con esta derrota os de Mazaricos teñen moi difícil chegar aos postos que dean opción de ascenso.  

2ª división galega

Imaxe do choue Oroso - O Pinar
  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras – SD A Baña 4 – 2
  • Resultado: Oroso TM Peluquería Tije – AD Zas O Pinar 4 - 2
  • Resultado: Oroso TM Peluquería Tije – AD Zas Dimobel Bazar Baio 4 – 1

Sen sorpresas nos resultados de 2ª galega e o único que se pode resaltar e o progreso dos xogadores, que parece lento pero é progreso ao fin o cabo, ocurre que nos resultados non se traduce porque todos están aumentando o nivel. Resaltar a boa campaña que están a facer os de Vimianzo que nesta ocasión volveron a superar aos de A Baña aproveitando que a estes lles faltaba Álvaro Pérez que igualaría o enfrentamento. Moi ben por parte dos de A Baña de Miguel Rivas gañando os seus individuais, e por parte de Vimianzo todos os que xogaron pois todos puntuaron. En canto aos partidos do domingo en Sigüeiro tanto Julio Pampín coma José M Ratón son moi superiores aos de Zas polo que eles solos se bastaron para gañar os encontros.  

2ª Nacional Femenina

  • Resultado: Club Narón TM – AD Zas Restaurante Soneira 3 – 0
  • Resultado: CTM Cidade de Narón - AD Zas Restaurante Soneira 0 – 3
  • Resultado: San Xoan TM - AD Zas Restaurante Soneira 1 – 3
  • Resultado: Sanjurjo Moda - AD Zas Restaurante Soneira 3 – 1
<>Foi nesta 2ª nacional femenina donde os equipos de tenis de mesa da comarca acadaron as victorias, alguna delas moi traballada como o do último partido entre Ana Abad e Zaira Blanco que ao final se levou Zaira no desempate. Foi unha concentración con moito frio na chaira de Vilalba e no que as xogadores pelexaban mais contra o frío que contra as rivais. Moi boa a convivencia, foron comer todas xuntas, e moi bo ambiente entre elas pero nos partidos xa era outra cousa, como así debe ser o deporte.

Concentración 2ª femenina

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Stevo Lema.