A Xornada: A Liga da Costa está que ferve
03 de decembro de 2017 (20:38 h.)
Como se están a poñer as ligas. En todas estamos empezando a ver encontros decisivos. Todo o mundo quere colocarse ben na clasificación de cara a ter un tranquilo parón invernal. Quedan 15 días para que o Nadal se cobre a súa primeira víctima, as ligas de fútbol. E os equipos queren situarse nun bo posto na parrilla de saída de cara á segunda volta das competicións, que é onde se decide todo.
Na Preferente Norte, o Xallas confirmou a súa melloría das últimas datas gañando no García Hermanos de Betanzos. O Dumbría sacou un meritorio empate sufrindo en Arzúa, cun penalti de Mackay no último minuto. O Sofán, pola súa parte, non está sabendo superar as innumerables baixas e caeu en Ribadeo o sábado con contundencia.
O Xallas venceu en Betanzos
Na 1ª Galicia, o derbi Baio - San Lorenzo deixa tocados ós de Verdillo. A vitoria dos de Diego Díaz, con goles de Santi Díaz e Iván Rojo, dalle un respiro ós de Baio. O Soneira sufriu unha cruel derrota no último minuto en Agolada, e o Fisterra non tivo moita opción na Pobra e caeu por 4-0.
Na Liga da Costa a cousa estase poñendo mais que interesante. O Mazaricos sufriu en Outes pero un golazo de falta de Roberto Amoedo doulle os puntos. A Esteirana sacou o partido adiante con dous de Pladur, e nun apaixoante derbi o Puenteceso venceu ó Corme, que marrou un penalti para igualar a 2, e viu como recibía o 3-1 no final do encontro. O Baíñas acércase á cabeza, e o Montelouro e Muxía igualaron os seus encontros para seguir na zona media - alta. Na cola, o dato mais interesante é que o Malpica abandona o faroliño vermello, coa súa vitoria ante o Coristanco, que agora está en descenso xunto co Outes. O Cee venceu en Zas para seguir unha boa xeira que o sitúa en postos cómodos.
Na 3ª, igualada entre Camelle e Cabana, que serve para que o Volantes volva ó liderato igualado co conxunto cabanés. O Muros, vencedor do Corcubión, e o Ameixenda, que derrotou ó Laxe, son os perseguidores xunto co conxunto do Rodeiro. O Castriz e o Porteño consiguen acercarse á promoción coas súas vitorias de hoxe. Está todo igualadísimo¡¡¡