Aberto o prazo de inscrción na XXVII carreira das Areas de Carnota

O V circuito Correndo pola Costa da Morte vai chegando ao seu fin. A próxima citaserá o 26 de agosto no marco da XXVII Carreira das Areas do concello de Carnota para a cal xa está aberto o prazo de inscrición. A meta estará colocada na praza de Galicia, de onde sairán todas aquelas persoas que desexen participar nesta peculiar proba. Na competición poden participar tanto nenos - dende os 3 anos - como adultos. As inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com ata o mércores 22 de agosto ás 23:59 horas. A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna, segundo o modelo establecido pola organización. Dito modelo poderase descargar na páxina web www.championchipnorte.com e tamén está dispoñible no departamento de Deportes do concello de Carnota. O horario de apertura das mesas para a recollida de dorsais será ás 08:00 horas na casa do Concello. Os dorsais e chips poderanse recoller ata 30 minutos antes do inicio da proba. A recadación das inscricións da proba de 3km irá destinada á Asociación Provincial Contra o Cancro. Todas aquelas persoas que desexen contribuír, sen participar na carreira, poderán facelo inscribíndose no apartado FILA 0 que aparecerá na web www.championchipnorte.com. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carnota