Administración de Lotería QPC
- Os cinco adestradores dos equipos alternativa a Ponteceso e Sporting Zas analizan e se mollan cun pronóstico sobre o partidazo da semana.
Ano novo, Liga ben avanzadiña, traxectorias deseñadas… o domingo no Pinguel chega o primeiro partido do curso no que, seguramente, boa parte da grada sexa neutral. Un deses días nos que un se pon a rodear o rectángulo e pode distinguir grupúsculo en forma de representación de cada un dos equipos da Costa da Morte (nun curruncho os do Cee, no medio do campo os do Soneira, detrás da portería os do Baio.. e así miles de situacións imaxinarias semellantes). Así que hai que darlle a benvida ao Ponteceso-Sporting Zas, a primeira gran 'final', o enfrontamento entre o líder o seu perseguidor a menos de un encontro de distancia.
Pero afortunadamente a 2ª Autonómica está lonxe do bipartidismo, e son cinco as alternativas reais ao dominio dos rivais do Pinguel. QPC ten pulsado a opinión dos adestradores de Fisterra, Mazaricos, Baíñas, San Lorenzo e Castriz, perseguidores e en certo modo tamén competidores da batalla do domingo. De conclusión común pódese falar do mérito do Ponteceso, da calidade do Sporting Zas e dun choque de goles, ademais dunha petición unánime de empate.
Os camiños de Ponteceso e Sporting Zas nos últimos anos gardan certo paralelismo: dominadores da Segunda Autonómica, protagonistas en Primeira e un par de anos de rexeneración para volver a construir un proxecto victorioso. Pero se de algo saben e a algo están acostumados no Pinguel e San Andrés e a 'partidos do siglo'.
Nacho Barreiro (Fisterra)
- Así o ve: ”O Ponteceso na casa creo que se fai moito máis forte, aínda que pode que lle falte algo de gol, e o Sporting Zas é un conxunto ordeado. Pode ser un deses rivais contra os que o pase peor para facer oportunidades de perigo. Vai ser un encontro bonito, e con bastantes goles. Nas estratexias, por exemplo, o Ponteceso é moi forte e produce moitos tantos dese xeito. Dos enfrontamentos contra nós, teño que dicir que foi xunto co San Lorenzo o rival que máis me gustou”.
- O seu pronóstico: 3-2.
- O seu desexo: "A non nos inflúe demasiado, ou polo menos non nos preocupamos polo que pase”.
- Xogador determinante: ”Por parte do Ponteceso, sen dúbida Alberto Recarey. É un futbolista dos que dis: 'que fai nesta categoría?'. No Sporting Zas está a marcar as diferencias David Blanco, aínda que nos cruces directos ten marcado menos goles. De tódolos xeitos, o traballo de Víctor é boísimo desde o banco e creo que é un equipo moi conxuntado”.
Néstor Romero (Mazaricos)
- Así o ve: ”Os dous equipos chegan nun momento doce, e este tipo de encontros dependen das circunstancias de como comece. Vai ser moi igualado. Ó mellor o Zas ten xente con máis oficio e pode ser máis favorito, pero o Ponteceso no seu campo”
- O seu pronóstico: 2-2.
- O seu desexo: ”O mellor que pode pasar é que haxa un empate, aínda que nós tamén temos unha saída moi compricada a Coristanco. A vindeira semana xogamos contra un e dentro de tres contra o outro, así que dependemos de nós”
- Xogador determinante: "Son dous conxuntos moi ben traballados, e cun estilo moi similar a nivel táctico. Non creo que sexa cuestión dun home. David Blanco, iso si, é un home con moito gol e podería darse que desequilibre nun choque de poucas oportunidades”.
Manolo Corredoira (Baíñas)
- Así o ve: ”Na primeira volta a victoria do Ponteceso foi un pouco enganosa, porque foi o Sporting Zas o que tivo as oportunidades máis claras, e decidiron dúas contras moi ben levadas. O partido é apaixoante, e nestes momentos son os dous referentes da Liga e dous grandes. Pode que o Sporting a día de hoxe sea o mellor equipo, porque aínda que mudou moito o plantel respecto á pasada tempada o grupo e o equilibrio non racharon por ningún lado. Enfronte terá a un rival moi xove, e moi ben traballado. A chave estará en quen sepa maximizar as súas virtudes e controlar as emocións.”
- Un pronóstico: ”Non son de facer pronósticos. Calquera xogada, acción, pode marcar o devenir. A baixa de Bugy é moi importante, aínda que estou seguro que Isma é capaz de cubrila á perfección. É un rapaz que leva tempo no Zas e cunhas boas virtudes”.
- O seu desexo: ”Eu fixen as contas, como tódolos adestradores, e se de o resultado que se de tes que ganar ti. O empate pode ser fenomenal, está claro, pero sacando o teu partido”
- Xogador determinante: ”No Sporting Zas poden ser fundamentais Dani Mato e David Blanco, un dianteiro que é un depredador do área. Mato ten moitísimo fútbol nas súas pernas. No Ponteceso, Laik é un home con desequilibrio”.
Pedro Gómez (San Lorenzo)
- Así o ve: ”Apostaría polo Sporting Zas, pero pode notar moito a baixa de Bugy. É un dos homes que inicia as xogadas desde atrás. Se o Se o Zas logra marcar un gol cedo, pode levar o encontro sinxelo, porque obrigaría a abrirse e deixar máis espazos ao seu rival. De tódolos xeitos, a xente leva toda a tempada dicindo o Ponteceso xa caerá, xa caerá… e segue aí sen pinchar".
- Un pronóstico: 1-2.
- O seu desexo: ”Sinceramente, dame igual o que poda pasar. Seguramente, un empate podería vir ben, pero é preocuparse”.
- Xogador determinante: ”Non sei se Alberto Recarey estará en plenitude, pero é chave. Por parte do Zas, David Blanco non só é un home que faga goles, senón que ademais ten moitísima mobilidade e xenera espazos para os compañeiros”.
Esteban Blanco (Castriz)
Así o ve: ”Vai ser un choque moi igualado, e a baixa de Bugy no Sporting Zas pode resultar decisiva. Seguramente se marquen poucos goles e se decida por unha acción puntual ou un erro de calquera dos dous”.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).