A apabullante vitoria do Fisterra en Ponteceso debuxa un triunvirato de poder ata o que resta de curso; a boa nova está na Primeira, onde o Soneira intúe na lontananza unha coroación como rei da liga
O Zas desfíxose de xeito rápido do Cerqueda - Foto: Alejandro Mel
Se o do Ponteceso e o Fisterra no Pinguel era unha final, que comecen a editar por Ara Solis o DVD conmemorativo, porque os verdes deron unha exhibición dos pés á cabeza, que minimizou calquera atisbo de excusa polas baixas, e que ademais converteu o compromiso nunha autohomeaxa que non debe perder de vista a perspectiva de que aínda son terceiros os de Nacho. E o son porque nin San Lorenzo nin Zas erran, e cada vez deixan menos marxe á dúbida. O líder comezou a executar ao Cerqueda moi cedo e á media hora xa tiña tres goles de vantaxe, mentres que os carballeses paseáronse por Cee ante un Ameixenda que apenas pudo poñerlle peros. Na loita pola permanencia, o Porteño estivo a piques de sorprender ao Baíñas. mentres que a Esteirana non tivo contemplacións e nun axustado derbi co Volanes impúxose pola mínima. De ouro foi, polo tanto, o éxito do Buño ante o Cee, amén do do Camariñas en Carnota, que deixa moi tocados aos de Lombáns.
Na Primeira Autonómica o Soneira empeza a intuir un futuro en rosa, despois de dar boa conta do Outes no derbi costeiro, e aproveitar ademais o tropezo do Cordeiro. O Malpica, pola súa banda, comeza prácticamebnte a despedirse dunha liga á que se aferra o Baio coa súa mellora recente, e na que de seguro, e a pesares da goleada encaixada, tamén seguirá o Corme. O cantado éxito do Sofán déixalle unha fiestra aberta ao sono. Un escalafón máis arriba, na Preferente, o Dumbría tamén na práctica dixo adeus ás súas opcións de soñar, mentres que a quinta xornada sen perder do Xallas, con catro triunfos nos cinco últimos encontros, invitan a facer un 'all in' pola milagre combesa.
Difícil para apostar está unha Terceira Autonómica onde ningún dos favoritos foi quen de acadar o triunfo, e só o Laxe logrou puntuar, non sen sufrir, ante o duro Muxía. O Nantón confirmou en Cubaleiro que é un rival racha pronósticos, mentres que o Castrelo compretou a súa mellor tarde en moito tempo ante un sorprendido Louro.
En Xuvenís, o Cee conseguíu asegurar praza na Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, á que acodirá xunto ao invicto Xallas.
O Cee asegurou a súa presencia na Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil
As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.