Amnesia e vía crucis
23 de marzo de 2016 (19:42 h.)
Unha Copa que chega para moitos equipos nun momento inoportuno vive a súa volta de dezaseisavos tres meses despois de terse xogado a ida e perderse case nun limbo emocional
Polos cravos de Cristo!". Iso debe pensar algún seareiro que polas vacacións perderase o encontro do seu equipo esta semana, ou o que teña responsabilidades maiores, o incluso o que nin lembraba que existía a Copa da Costa, ou se aínda existía para o clube propio como le fora no partido de ida de dezaseisavos. Se mire por onde se mire, e pese a ser coa aquiescencia dos participantes na reunión de Baio, non hai por onde coller este formato de Copa.
No positivo da balanza, ademais das eliminacións por aliñación indebida de Corme, Volantes e San Lorenzo (que permiten descansar e pensar nos Cuartos a Montelouro, Malpica e Buño) é que só catro eliminatorias parecen prácticamente sentenciadas: O Corcubión-Muxía (0-4 en Arliña), o Dumbría-Sofán (3-0 en terras carballesas) e o Carnota-Baio (4-1 no Platas Reinoso). A outra, o Esteirana-Xallas (6-0 na Fontenla), polo menos ten o aliciente de ver a Pladur de novo no José Luis Vara.
Cos combeses xogándose a permanencia, invita a pensar este torneo do KO que non serán novamente os 'preferentes' quenes dominen a competición e case arrasen na final. Un potencial desa categoría, o Soneira, deberá revertir en Outes o 1-1 do Municipal de Vimianzo, pero tamén cuestionarse se lle atrae o dobrete (Manolito é especialista neles). Ten mudado a realidade de moitos que a xogan este Xoves Santo. Cando o Volantes de Baño superara por 5-3 ao Malpica, os bergantiñáns estaban na zona tranquila de Primeira, mentres os muradáns non tiña cor de equipo vivo. Agora é case ao revés. En Ara Solis o Fisterra é favoritísimo tras vencer 1-3 en Camariñas. O partido máis modesto pasa por Vimianzo, co Castrelo-Seaia (0-1 en Malpica), dous dos clubes máis novos da zona. Pode que a Copa sexa o torneo do Baíñas, con talento pero sen opcións na liga, e co pase encamiñado tras superar por 1-3 ao Ameixenda en Cee. Suena grande o Ponteceso-Zas, reedición da loita pola Liga da Costa e con 2-0 en San Andrés para o líder. Tampouco a Copa Xuvenil, sabatina no seu caso, escapa dos mesmos problemas, cun formato mil veces reinventado. As catro primeiras edicións desta si foran exemplares e con resposta do público acorde.
A Copa Xuvenil, menos numerosa
Entre festas, comilonas e vixilias haberá un pequeno 'break' para un fútbol neste caso menos apetecible que de costume.