Abertos os prazos de inscrición para as ligas de fútbol sala de Malpica e Mazaricos
09 de outubro de 2015 (08:15 h.)
Unha das Ligas que se poñen en marcha é a Liga de Fútbol Sala de Mazaricos, que comeza o vindeiro sábado 17 de outubro.
O prazo de inscrición está aberto ata o día 25, a través de asociacioneusonmazaricos@gmail.com.
A de Malpica amplía o prazo de inscrición
A asociación deportiva A Pedreira amplía ata o vindeiro martes, día 13, o prazo de inscrición para a liga de fútbol sala de Malpica, organizada pola entidade coa colaboración do concello. O límite está establecido en 16 equipos, e a cota será de 300 euros como máximo. Os interesados poden poñerse en contacto coa organización no teléfono 636 466 326. Ademais, ata o día 23 segue aberto o prazo de inscrición nas actividades da escola municipal de Educación Física (EMEF) no Departamento de Deportes (de 09.00 a 14.00 horas), nos respectivos colexios, a través do número de teléfono 981 720 001 ou do correo electrónico pablo.lista@malpica.dicoruna.es. No cadro adxunto pódese consultar a oferta completa por horarios, idades e centros. Fonte- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)