Análise dos ascensos e descensos no Fútbol costeiro a falta de unha xornada
Xa levamos varias semanas analizando a situación dos arrastres. Hoxe, Manuel Corredoira bótanos unha man para ver como están as cousas a falta dunha xornada.
Análise dos ascensos e descensos no Fútbol costeiro
Cada día está máis complicada as diferentes competicións de Liga en cada unha das categorías que van condicionando as clasificacións nos ascensos e descensos en cada unha delas. Co descenso xa confirmado da SD Compostela a Terceira División, único conxunto que perde a categoría en Segunda División B, por canto o Celta B matemáticamente, co seu triunfo en Somozas, asegurouse a súa presenza na categoría de broce do fútbol español, os descensos en Terceira, a expensas do que suceda nas fases finais, son 5: Mugardos, Bergantiños, Ribadeo, Verín e Noia.
Destes, salvo o Verín, que iría ao grupo Sur de Preferente, o resto situaríanse no grupo Norte, polo que os descensos neste grupo pasarían a ser 7, en lugar dos tres oficiais, pois habería 4 arrastres: Dumbría, Ribeira e O Val (xa descendidos de xeito automático), aos que se lles unirían, prol arrastres, Pobra, Villestro, Xallas e Estudiantil.
Como na anterior categoría, 6 situaríanse no grupo 2º (Santiago-A Costa), mentres que un (O Val), recalaría no grupo 1º (A Coruña-Ferrol), co que os descensos no grupo 2º da 1ª Autonómica serían 9), os tres oficiais (Malpica, Carcacía e Palmeira), e os 6 arrastres (Corme, Bertamiráns B, Baio, Outes, Agolada e Lesende).
Ao grupo de 2ª Autonómica na Costa recalarían 4 equipos (Outes, Corme, Baio e Malpica), polo que, a día de hoxe, aos 2 descensos oficiais veríanse aumentados en 4 máis, polo que as prazas de descenso serían as ocupadas por Carnota e Volantes ademais dos Cabana, Ameixenda, Porteño e Coristanco.
Pendentes dos ascenso
No entanto, todo pode variar dunha semana a outra, e logo das fases de ascenso, pois si ascende algún conxunto de Terceira División, únicamente serían tres os descensos ao grupo Norte da Pref., co que se reduciría nun equipo os descensos en Primeira, que de seis pasarían a ser cinco e que poderían verse reducidos aínda máis si o Sofán gaña a promoción de ascenso a Rexional Preferente ante o Miño, co que serían 4 os equipos que perdesen a categoría por arrastres, que posiblemente sexa o mellor dos casos.
Polo que respecta ao grupo de 2ª Autonómica, as modificacións poderían producirse si o Outes mantén o seu posto en 1ª Autonómica, co que se restaría un descenso, e si o Sporting Zas logra o ascenso na Promoción, co que serían 2 os descensos en cascada a reducir, sempre no mellor dos casos.
Novas relacionadas
- Crónica de Guillermo Parga do ascenso do Soneira: Nunca agardei menos de ti.
- Consternación costeira pola morte dun xogador do Muxía de 15 anos.
- Os arrastres provocarían a día de hoxe o descenso de Xallas, Baio, Corme, Buño, Ameixenda e Volantes.
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Rikísimo ascenso.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica!.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Manuel Corredoira para QPC.