Arrancan as diferentes ligas do tenis de mesa cunha boa representación da Costa da Morte

Os xogadores e xogadoras do AD Zas Tenis de Mesa participaron en varios torneos de verán nos que acadaron bos resultados A próxima fin de semana arrancan as diferentes ligas de tenis de mesa nas que, en case todas, estará representada a Costa da Morte. En case todas haberá presenza dun dos clubs máis fortes da zona: o AD Zas Tenis de Mesa. Un dos que repite categoría é o AD Zas Ponciano Nieto que continuarán na 2ª división nacional. Volve a esta categoría despoois de descender e posteriormente adquirir a praza que outro equipo deixou libre. A primeira xornada xa é fora da casa, concretamente en Pontevedra para encontrarse co Diario de Pontevedra. Pola súa banda, o equipo do Concello de Mazaricos - que ascendeu á 3ª división nacional - comeza unha nova etapa na que baixo a dirección do seu adestrador Miguel Rey, agardan facer unha boa tempada conscientes da súa dificultade. Debutan nesta primeira xornada o próximo domingo pola mañá en Bembibre contra o AD Dubratambre. Na 1ª división galega continuará unha tempada máis o AD Zas Construcciones Cernadas, que rexeitou o ascenso a 3ª división nacional para ter mellor disposición dos seus xogadores e xogadoas. A primeira cita será este sábado, ás 17:00 horas, no ximnasio do CPI de Zas contra os da Hípica de A Coruña. 2º división galega A Costa da Morte estará representada na 2ª división galega do tenis de mesa con tres equipos: o AD Zas O Pinar, o AD Zas Dimobel Bazar Baio e o VTM Pinturas Figueiras, do club Vimianzo TM. Na primeira cita os dous equipos de Zas enfrentanse entre eles no ximnasio de Zas e o VTM Pinturas Figueiras desprazarase a Santiago para enfrentarse ao Arteal. Tamén comeza o próximo día 30 a liga MalovTM (antigua liga KsasTM) que nun domingo de cada mes e pola tarde xuntará a moitos xogadores de toda a comunidade galega nun formato especial e no que o AD Zas leva conseguindo o subcampionato dúas temporadas seguidas. Para o 30 teñen previsto desprazarse mais de 20 xogadores de Zas e Vimianzo. Os equipos femeninos non empezan polo de agora a competición, que será por concentracións. Nesta categoría haberá un equipo máis en 2ª nacional. Así continuará AD Zas Aluminios Xeal en 1ª nacional e AD Zas , Concello de Mazaricos e o SD A Baña en 2ª nacional.   Durante o verán disputaronse varios torneos nos que xogadores e xogadoras do AD Zas acadaron moitos podios. O último (na imaxe) foi o celebrado en Gondomar onde Edu Quintela quedo subcampión e Ana García e Laura García semifinalistas. Brais Blanco perdeu en cuartos de final.

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Stevo Lema