Arte e Movemento suma novos éxitos en baile e Combate

Bailaríns de Arte e Movemento

Segue a familia do Club Arte e Movemento espallando o amor costeiro polo baile e os deportes de contacto. A fin de semana tocaba baile e esta vindeira, combate.

Baile en Vilagarcía

O pasado domingo 13, a sección de Baile Deportivo do clube Arte e Movemento competiu no Trofeo Vilagarcia, proba puntuable para o ranking da FEBD. E non foron nada malos os resultados dos participantes costeiros en competición:

  • Cristian e Laura: 2º en Adulto 1 C latinos.
  • Iván e Aida: 1º en Adulto 1 territorial standard.
  • Iván e Aida: 4º en Adulto 1 C latinos.
  • Juan Luis e Patricia: 1º en Salsa en 1, clase A.
  • Vicente e Laura: 5º en Junior 2 territorial latinos.
  • Vicente e Laura: 6º en Junior 2 territorial standard.
  • Cristian e Eva: 5º en Youth territorial latinos.

Na precompetición, en categorías base, digamos, estas foron as parellas representadas que conseguir subir ao podio:

  • Nacho e Iria: 1º en juvenil 2 G.
  • Damián e Laura: 2º en juvenil 2 G.
  • Basilio e Erika: 1º en youth G.
  • Manuel e Aaliyah: 1º en juvenil 2 H.
  • Martin e Miriam: 3º en juvenil 2 H.
  • Brais e María: 1º en junior H.
  • Sergio e Kayla: 2º en junior H.
  • Lois e María: 3º en junior H.
  • Brais e Noa: 1º en Benxamin H.

Ademais houbo outros finalistas no equipo de precompetición, que aínda que non lograron o podio, fixeron unha gran competición, sendo para eles a primeira de esta temporada.

As próximas competicións do ranking serán o 10 de xaneiro en Vigo, e o 24 de xaneiro en Fene. Despois cerra o ranking e sae a selección das parellas que participarán en febrero en Castellón na Copa Promoción. Por este motivo estas últimas citas serán moi importantes.

Campionato Galego de Combate en Noia

Pola sua parte, a sección de Taekwondo do Clube ten este sábado 19 o Campeonato Galego Absoluto, e participará Anxo Fernandez. A competición celébrase en Noia, con mais de 100 deportistas, entre eles hai medallistas estatais e internacionais. Este torneo é, coma todos os anos fundamental, xa que servirá para conformar a selección galega que participará no Campionato de España.

En total no Campionato Galego Absoluto competirán 23 clubs galegos, 102 deportistas (41 mulleres e 61 homes), 25 árbitros e case 50 adestradores. A actividade comezará ás 09:00 horas e finalizará a última hora da mañá.

Poderase gozar cun grande espectáculo neste campionato, xa que entre os inscritos están importantes deportistas, con medallas tanto a nivel nacional coma internacional como Katia Calvar (Mat´s) ou Sabela López (Patiño), que acaban de acadar a medalla de ouro no último campionato de España de clubs. Na categoría masculina hai homes tan destacados coma Xián Silva (Mace Sport) que acadou a medalla de bronce no Europeo sub 21 hai unhas semanas; David Ansede (Natural Sport), ouro no campionato de España de clubs; Pablo Fernández Eiras (Mace) ou Fernando Rascado (Natural), entre outros moitos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).