As cadetes do Artai e do Xiria protagonizan un comezo de campaña de derbi

Nova fin de semana de basket carballés, mentres o ACB segue de pretemporada polo sur da bisbarra. As protagonistas foron as cadetes, que protagonizaron un fermoso derbi nun ateigado pavillón Vila de Noia para arrincar a temporada.

2ª Cadete, xornada 1

  • Resultado: EB XIRIA LARACHA, -CB ARTAI (50-43).
  • Parciais: 11-8 12-6 17-14 10-15.
  • EB XIRIA LARACHA: Carmen (4); Irene (7); Ana (9); Iria S. (14); Lara (6) – cinco inicial- Lucía (4); Zeltia (2); Aldara (4); Iria R.; Ainara.
  • CB ARTAI: Nuri (2), Emma (2), Sabela (2), Sara (2), Paula (23), Emi, Maria, Lola (10), Sarita, Celia e Cayetana (2).

Saíron as do Artai moi nerviosas e inseguras, o que unido á diferenza física e a defensa flotante das verdes, deixou o primeiro parcial en mans do equipo local por 11-8. Durante o inicio de partido, tras un intercambio de canastras por parte de ambos equipos, era o E.B. Xiria Laracha quen dominaba no marcador. No segundo cuarto parecía que o partido rompíase con boas accións en ataque e dominio do rebote, chegando a alcanzar rendas de 10 puntos. Aí chegaba a a xogada polémica do partido, os colegiados pitan falta ás de Xiria cando as colexialas estaban subindo o balón e seguidamente danlle o balón ás verdes para que saquen, cando correspondía ás artaicas. A xogada prodúcese ante as protestas e os espaventos do adestrador de Artai, e o desconcerto das súas xogadoras, acabando esta en canastra. O partido chego ao descanso coas locais nove arriba.

Á volta de vestuarios as de Artai estaban máis atinadas en ataque, pero un par de fallos en defensa fixeron que as de Xiria seguisen aumentando a diferenza ata os doce puntos, co que se chego ao último cuarto. Con todo, o mal balance defensivo das do Xiria realizado ao longo de todo o partido a punto estivo de propiciar a remontada visitante chegando a poñerse a tan só 5 puntos de diferenza e posesión mediado o último cuarto. Parecía por un momento que as visitantes podían pelexar o partido pero dúas canastras seguidas de Veo deixáronas sen esperanza.

Souberon reaccionar a tempo as mozas do Xiria, mellorando a defensa do 1×1 e o balance defensivo neses últimos 5 minutos volvendo subir a renda aos 10 puntos. Anotación moi repartida e boas sensacións en ataque pero moito que mellorar a actitude e concentración á hora de defender. En todo caso, boa imaxe a que deixou o Artai, un equipo moi inferior físicamente, ao que lle faltou crer un pouco máis nas súas posibilidades e sacar as vantaxes e non os inconvenientes de ser máis baixas e menos fortes.


Junior Masculino. 2ª División Provincial, xornada 1

  • Resultado: CB ARTEIXO -CARBALLO BÁSQUET (37-53).
  • CB ARTAI (10+18+13+12): Diego (11), Marcos, Mario (2), Xoel (10), Andrés (10)-cinco inicial-Sergio (11), Javi (3), Juan (2), Iván, Fran, Alberto (4) y Antonio.

Primeiro partido de liga para ambos equipos disputado na tarde do sábado no palacio dos deportes de Arteixo, con máis de medio centenar de afeccionados nas gradas da instalación deportiva. Vitoria dos carballeses, un equipo nado do convenio de colaboración entre os dous clubs de baloncesto de Carballo, o CB Artai e o Carballo Básquet. Dos doce compoñentes do equipo, sete xogaban a pasada tempada no club colegial ( dos cales tres son de Baio) e cinco no club presidido por Diego Vázquez. O seu rival ,dirixido por Fran, un dos históricos do baloncesto provincial, presentábase á primeira xornada moi mermado de efectivos pois tan só dispoñía de oito.

Gañaron os carballeses nun partido máis sufrido que o que indica o marcador final. Saíron máis decididos os locais, que as tres primeiras veces que lanzaron a canastra anotaron sen que a defensa carballesa puidese facer nada.Parcial de 7 a 0 e primeiro tempo de Moreira para revertir a situación. A partir dese momento, a defensa carballesa comezou a crear moitas dúbidas no ataque local e en ataque, pese aos numerosos erros, aos poucos o xogo ía marcado polos bases carballeses. Coa defensa cada vez máis acertada, os de Moreira íanse ao descanso con vantaxe, 19 a 28, deixando aos de Fran con só catro puntos anotados no segundo cuarto.

A segunda parte ,salvo algúns lances, foi controlada polos carballeses, capaces de subir a diferenza aos dezaseis puntos pero tamén de sufrir cando a falta de cinco minutos os locais poñíanse a sete puntos. Pero un par de roubos de balón e tres contraataques daban outra vez a tranquilidade necesaria para sumar a primeira vitoria.

Destacar que a falta de seis minutos para o final do partido produciuse un violento choque entre un xogador local e Xoel, un dos baieses do equipo de Carballo .Ambos tiveron que saír da pista e xa non puideron seguir xogando; o local sufriu un corte nun dos seus cóbados e tiveron que aplicarlle dous puntos para suturar a ferida .Xoel, pola súa banda, recibiu o golpe na cara e foi trasladado ao Hospital Quirón onde lle aplicaron tres puntos no beizo inferior, ademais de ter molestia nos dentes. Estará de baixa unha semana pola ferida. Pese á brutalidad do impacto, as feridas non foron nada pensando no grave que puideron ser.

Familia ACB

Esta pasada fin de semana só xogaron os equipos Junior Masculino e Cadete Feminino da familia ACB Costa da Morte, colleitando sendas apretadas derrotas.

2ª División masculino, xornada 1

  • Resultado: BASKET CORUÑA 98B - ACB COSTA DA MORTE (51-47).

Prantáronse os de Cee na pista herculina sen nada que perder e moito que gañar, ante un rival con nome e sempre complicado, sobre todo na casa. O partido non se decidiu ata o último cuarto, no que os nosos acusaron o esforzo e claudicaron nos últimos minutos.

2ª División Cadete Feminina

  • Resultado: CB ARTEIXO - ACB COSTA DA MORTE (39-36).

Pagaron a novatada as ceenses da nova categoríoa caendo ante un rival asequible como o Arteixo. A chegada de moitas novas xogadoras desnivelou a balanza cara o equipo local, pero aínda así, as costeiras realizaron un gran partido, e prometen boas alegrías.

Vindeira fin de semana

  • 4ª División Sénior masculino: CALASANZ - ACB COSTA DA MORTE - sábado 18 de outubro ás 12:00h en Riazor.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).