As Cadetes do Olimpia, campionas provinciais de Campo A Través

A familia do atletismo Olimpia nos Provinciais de Narón

Non para a Asociación Deportiva Olimpia. Está en plena temporada, e e este pasado sábado 6 acodía a Narón cunha nutrida expedición para participar no Campionato Provincial de Campo a Través. Non puido ser mellor o balance para os costeiros, que volveron con 3 campións a nivel individual e o título de campionas por equipos para as cadetes.

En Categoría benxamin, Sabela Carreira alzouse co título de campiona provincial e Laura Castiñeira a piques estivo de subir ao podio quedando na 4ª praza.

Non tivo sorte Antonio Luaces, que en infantís quedou na 14ª praza.

Si que tivemos campión en Cadetes, cun Javi Rodríguez no máis alto do podio, e un Óscar Montoto que adacou unha meritoria 7ª praza.

Finalmente, as mellores foron as cadetes. Paula Trinidad quedou campiona, Elena Carreira 4ª, Inés Santos 14ª e Erica Domínguez 16ª, o que as convertía en campionas por equipos a nivel provincial.

As Cadetes do Olimpia campionas provinciais en Naron
Foi moi dura a carreira de Paula Trinidad no Campionato Provincial de Campo a Través de Narón

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)