As cadetes do Volei Dumbría collen carreira
Tres vitorias e tres derrotas na xornada de voleibol, descatando as sobradas vitorias das cadetes e dos infantís, aínda líderes.
2º División Cadete Feminino
- Resultado: Voleibol Dumbría - CV Pontevedra B (3-0).
- Parciais: 25-8 / 25-10 / 25-18.
Cuarta victoria consecutiva das cadetes do voleibol Dumbría ante as colistas da liga con clara superioridade que permitiu o adestrador probar distintas alternativas no xoga. Con esta vitoria ocupan a 5º plaza na clasificación.
1ª Infantil Masculino
- Resultado: As Mariñas Oleiros - Manuela Rial Mouzo (0-3).
- Parciais: 25-27 / 19-25 / 19-25.
Outra vitoria máis do equipo do Colexio Manuela Rial que segue invicto e líder na clasificación, aínda que foi un partido axustado no que costaba facer puntos.
1ª Xuvenil Masculino
- Resultado: As Mariñas Oleiros - Voleibol Dumbría (0-3).
- Parciais: 24-26 / 17-25 / 22-25.
Vitoria do xuvenil ante un equipo moi novo de Oleiros que permite os dumbrieses seguir terceiros na clasificación.
1º División Cadete masculino
- Resultado: As Mariñas Oleiros - Voleibol Dumbría (3-2).
- Parciais: 25-18 / 25-20 / 21-25 / 23-25 / 15-7.
- Resultado: Santa Mª del Mar - Voleibol Dumbría (3-1).
- Parciais: 25-22 / 22-25 / 25-13 / 25-18.
Dobre derrota dos cadetes que se afastan do liderato ata a terceira posición debido a ausencia de xogadores importantes nun partido e fallos decisivos no outro.
2º División Infantil Feminino
- Resultado: Manuela Rial - Ames (3-0).
Derrota por 3-0 das infantís do Manuela Rial ante Ames nun equipo en formación que ten moito marxe de mellora.
Vindeira xornada
Esta fin de semana os equipos costeiros teñen o seguinte horario para o sábado 5 de decembro:
- 10:00h 1º División Cadete masculino: Voleibol Dumbría - Boiro.
- 11:30h 1º División Infantil masculino: Manuela Rial - Boiro.
- 11:30h 1º División Xuvenil masculino: Voleibol Dumbría - Boiro.
- 13:00h 1º División Senior masculino: Voleibol Dumbría - Boiro.
- 12:30h 2º División Cadete femenino: Dompa - Voleibol Dumbría.
Novas relacionadas
- Os infantís do Manuela Rial seguen invictos na Liga Galega Infantil de volei.
- Triple vitoria da familia do Volei Dumbría a todo un Emeve.
- O Volei Dumbría case fixo pleno de vitorias na fin de semana
- Dúas vitorias das categorías base do Volei Dumbría ante San Sadurniño.
- Os técnicos Volei Dumbría tamén supervisan as accións da base galega.
- Os sénior do Volei Dumbría estrean o taboleiro de vitorias.
- As cadetes do Volei Dumbría sucumben no tie-break ante o Zalaeta.
- Só os infantís arrincan a tempada con vitoria da familia do Volei Dumbría.
- 6 equipos do Volei Dumbría volven a competición.
Fonte
- Volei Dumbría.