As Junior do Artai, campionas da Copa Coruña nunha fin de semana agridoce

As Junior do Artai campionas de Copa con Joaquin Moreira

Fantástica nova a colleitada polas junior do Carnicería Daniel Artai que alzábase ca Copa Coruña 2018 tras vencer a Básquet Coruña en Riazor.

A fin de semana tivo sabor agridoce, pois o Calvo Xiria despedíase da temporada caendo na última xornada da Fase de Ascenso á liga EBA. Mágoa que o esforzo do Xiria non servirse para alcanzar o soño, pero o PBB de Porriño foi demasiado rival.

Final Copa Coruña Junior Feminino

  • Resultado: BÁSQUET CORUÑA LEYMA - CARNICERÍA DANIEL ARTAI (40-53).
  • Parciais: 8-23; 14-31; 24-39: 40-53
  • CARNICERÍA DANIEL ARTAI (23+8+8+14): Nuria (12), Emma (4), Iria , Carla, Sarita (4), Lucía (15) Sabela (11) e Cayetana (7).

Vitoria merecida das colexiais nun partido, nunha gran final, pola esixencia que ten en si un partido destas características, polo ambientazo que había en Riazor (sobre 200 afeccionados) e polo enorme traballo realizado por esta xogadoras ao longo desta tempada. E é que o mérito deste grupo márcao a idade das xogadoras pois na final non habíia ningunha junior de segundo ano (lesionadas Paula e Sara) e das oito, tres eran cadetes.

A posta en escena das carballesas é o que desexa calquera adestrador en partidos deste tipo pois salvo o 1-0 e 3 a 2 para as xogadoras de Adrián Seijas, a partir de aí o marcador e o dominio do xogo foi para o bando azul. O primeiro cuarto foi un ciclón para as xogadoras de Moreira cun parcial de 8 a 23 e co técnico local obrigado a pedir os dous tempos mortos nese cuarto para que non se lle escapase a final. Nese cuarto os afeccionados carballeses tamén eran os dominadores da grada levando en volandas ás xogadoras. A final estivo aí, neses primeiros dez minutos; a partir de aí as locais trataron de meterse no partido, con loita e con ganas pero con pouco acerto mentres as carballesas con apromo e cunha boa lectura do xogo mantiñan as diferenzas e íanse ao descanso cun claro 14 a 31.

Na segunda parte o partido volveuse máis espeso no xogo e as canastras sucedíanse a contagotas e as locais ían limando as diferenzas, chegando a colocarse a once puntos en varias ocasións, acabando o cuarto con 24 a 39 tras unha canastra de Sabela e de Lucía.No último parcial volvérono a intentar as locais capaces de non dar o partido por perdido ata o último minuto e ata se chegaron a colocar en varias ocasións a dez puntos pero incapaces de baixar da chamada "barreira psicolóxica”.

Tralo pitido final, lóxica euforia para as "artaicas" e desconsuelo para as locais. As carballesas recibiron o trofeo de campioas e a celebración foi grande na pista, no vestuario e despois pola noite en Carballo.

Carballo acolle a Copa Coruña senior

O equipo sénior do Calvo Artai, logrou a súa clasificación á fase final da Copa Coruña tras lograr a vitoria o venres en Oleiros. A devandita fase celebrarase o domingo 27 en Carballo, e a elaacceden os primeiros clasificados de cada un dos catro grupos de competición e os outros tres finalistas serán o Idefic da Coruña, Irmandiños de Ferrol e o CB Laracha. Este será o calendario:

  • Semifinal 1, ás 10:00h: Calvo Artai - Idefic Imatia Básquet Coruña.
  • Semifinal 2 ás 12:00: Irmandiños (Ferrol) contra Cervecería M3 Laracha.
  • Final: ás 17.00 horas.

Despedida agridoce para o Carballo Basket

73-71. Caia por só dous puntos o Carballo Basket en Porriño ante un rival que viña líder invicto na súa casa e que demostrou o seu potencial. Un partido co pavillón cheo de afeccionados vermellos para celebrar o título, que foi complicado para os carballeses, que aínda así mantiveron opcións de levarse o partido ata o último partido, pero esa canasta final non chegou e os verdes quedaron, outra vez, ás portas do ascenso.

Vázquez y Reino, a pola 3ª praza

Mentres, a campaña do equipo sénior do Carballo Básquet está sendo sobresaínte. este sábado xóganse a 3ª praza da 2ª Autonómica na casa, (sábado 26 ás 18:00h no Vila de Noia), despois de caer só por 5 puntos en Alariz.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).