As junior do Concello de Zas pasan rolda na Copa Coruña
O resultado final da eliminatoria de Cuartos de Final da Copa Coruña Junior Feminina entre o Concello de Zas e o Concello de Laracha foi 47-51. Eliminatoria apretada nas que as de Trillo superaron un duro escollo.
Pasa así a semifinais o equipo do Concello de Zas, que vaise enfrontar contra o Maristas da Coruña nas semifinais da copa.
Partido de Ida dos Cuartos da Copa Coruña
- Resultado: CONCELLO DE LARACHA, 31-CONCELLO DE ZAS, 32.
- Parciais: (Acumulado: 2-7; 13-20; 22-21; 31-32)
- CONCELLO DE ZAS: Sandra (8 ptos); Patricia (3 ptos); Sabrina (0 ptos); Carlota (2 ptos); Sara (1 pto) -quinteto inicial- Elena (0 ptos); María (11 ptos); Nerea (4 ptos); Lucía; Nazaret (3 ptos).
Partido no que no primeiro cuarto as cousas pintaban ben para o equipo de Baio cun parcial de 2-7, pero sobre todo as sensacións que transmitía o equipo: que aprendera a lección do último partido de liga disputado entre ambolos dous equipos. No 2º cuarto ambolos dous equipos despertaron na sua faceta anotadora facendo o parcial mais alto, pero o partido parecía que o seguía controlando o equipo de Baio.
Tralo descanso, chegou o descontrol o equipo de Zas; os terceiros cuartos en case todolos partidos soe ser o mellor delas e nesta ocasión o parcial foi de 9-1: desacerto total por parte do equipo visitante nos seus ataques, perdendo a vantaxe cómoda que estaba a levar no encontro ata ese momento.
Entrabase no último cuarto con un marcador axustado, mantendose así ata que faltando tan só 3 segundos para o remate do partido, e co marcador 31- 29 pitaron falta sobre o tiro de Nazaret, a xogadora de Baio, e técnica o adestrador do equipo local por protestar: a situación era que nese momento Baio tiña 4 tiros libres para poder poñerse por diante e saque do medio campo. Lanzou os seus dous tiros libres Nazaret e fallounos; a continuación lanzaba María os tiros libres correspondentes a técnica e tamén os fallaba.
As rapazas de Laracha veían que o marcador mantiñase cos dous puntos a seu favor e que podían gañar o partido tralos fallos nos tiros, faltando 3 segundos e con balón a sacar dende mediocampo o equipo de Baio: e neste momento saltou a sorpresa, saque de banda rápido a Nazaret que se xogou unha tripla que entrou limpa e dentro de tempo dando a victoria o equipo de Zas no último segundo.
Por outra parte, o susto do partido douno a xogadora do equipo de Zas, Sandra, no último cuarto cando tivo un mal xesto no xeonllo dereito.
Partido de volta dos Cuartos da Copa Coruña
- Resultado: CONCELLO DE ZAS, 19 - CONCELLO DE LARACHA, 16.
- Parciais: (Acumulado: 3-4; 14-10; 16-13; 19-16)/li>
- CONCELLO DE ZAS: María (4 ptos); Patricia (4 ptos); Sabrina (0 ptos); Carlota (3 ptos); Sara(1 pto) -quinteto inicial-- Elena (0 ptos); Nerea (4 ptos); Lucía (2 ptos); Nazaret (1 pto).
Partido disputado o domingo onde o cansancio tralo encontro disputado do sabádo fixose notar en ambolos dous equipos na gran cantidade de fallos que tiveron. Mal partido, cun resultado moi baixo, pero que tivo a emoción de saber cal era o equipo que ía a pasar a seguinte eliminatoria.
O 2º cuarto foi o que serviu ó Concello de Zas para poñerse por diante no marcador e xogar co resultado ata o remate do encontro.
Máis información
- Web da Fegaba (buscar por Copa Coruña Junior Feminina.
- clubbaloncestobaio.blogspot.com.
Novas relacionadas
- As Escolas de Baloncesto de Zas gañan e perden.
- Uns consellos de Fran Toba para os pais de novos deportistas.
- Carballo vive unha febre verde chamada Xiria.
Fonte
- Nota de prensa do Club Balonceto Baio Concello de Zas.