As LCFs cumpren 20 anos cunha maior participación feminina

As LCFs xa teñen equipos femininos dende hai anos. Na imaxe un choque do Vila de Cee en 2014-Foto-Nacho Rodriguez

Este vindeiro 5 de novembro arrincan as XX Ligas Comarcais de Fútbol Sala Base Costa da Morte. A Liga dos máis cativos que artella o Clube Deportivo Costa da Morte, e que cumpren nada menos que 20 anos.

Son 7 equipos en cada categoría, contando co mesmo calendario alternando o Fisober (que só ten equipo benxamín) co C. Muxía (que só ten alevín).

A nota máis destacada é a idea de fomentar a participación feminina nestas Ligas. De feito, Víctor Santos deixa claro que o Clube Deportivo neste caso “somos innovadores. Levamos XX anos de liga e nas primeiras ligas xa tiñamos competicións íntegramente femininas. Había equipos femininos adultos. O Fisober saíu de aí”, explica.
Así Fisober e Vila de Cee benxamíns con equipos femininos; ou o C. Fisterra alevín que ten equipo mixto. En todo caso, estes non poderán acceder ás semifinais, ao xogar con rapazas de categoría superior (alevíns en categoría benxamín e infantís en categoría alevín). O resto de equipos costeiros aceptaron estas normas pero incumprirían o regulamento na fase intercomarcal.

Os días oficiais para disputar os encontros serán os sábados pola mañá, pero se poden variar e moitas veces se disputan venres pola tarde. Os 4 primeiros pasarían ás semis.

Xa temos os calendarios en www.futboldacosta.com.

Máis información en www.futboldacosta.com

  • Calendario da LCFs Benxamín.