As motos calarán a Pondal na VIII Xuntanza Invernal de Ponteceso
11 de xaneiro de 2012 (15:30 h.)
O Motoclub Costa da Morte xa está en marcha coa organización da VIII Xuntanza Invernal de motos de Ponteceso. Este ano milleiros de motos invadirán a vila de Pondal o vindeiro sábado 11 de febreiro para convertila na capital das dúas rodas.