As protagonistas do Club Patinaxe Costa da Morte seguen medrando

Nenas do Club Patinaxe Costa da Morte

Son aínda unhas nenas, pero xa todas unhas avanzadas no mundo do patinaxe. Onte competían a Coruña 9 rapazas do Club Patinaxe Costa da Morte. Era a última fase de niveis desta tempada, e 5 das 9 conseguiron ascender de nivel. Dende o club felicitan ás 9 participantes, en especial ás Uxía, Xiana, Noa, Lucía e Erika que deron un paso adiante.

Aínda quedan dous trofeos para competir este ano neste deporte que cada vez conta con máis adeptos, gracias, en parte, á colaboración do Concello de Corcubión, onde se desenvolven os adestramentos.

As peques do Club Patinaxe Costa da Morte que pasaron de nivel

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)