As Travesías Illas Sisargas, Balarés e Fisterra entran no Circuito Costa Abanca
Novidade nas Travesías a nado en mar aberto da bisbarra. O Circuito Travesía Costa Abanca une este ano as citas de Balarés, Sisargas e Fisterra, ademais da proba de Oleiros.
A primeira será a Travesía Costa Balarés (na que é a súa edición), que se celebrará o 22 de xullo, unindo a praia de Balarés (Ponteceso) e a praia das Vacas (Cabana). A inscrición servirá de donativo para a Asociación Ataxia Costa da Morte. Haberá dúas probas, de 1.600 e de 3.200m. A inscrición xa está aberta en travesiacostabalares.com.
A IX edicción da Travesía Abanca Sisargas Malpica celebraráse o domingo 5 de agosto. A cita volve estar organizada polo Club Travesía Sisargas coa colaboración do Concello de Malpica, Cofradía de pescadores, Protección Civil, Buceo Malpica e Cruz Vermella. A cita sairá das Illas Sisargas e pasará polo Cabo de Santo Hadrián, pola praia de Seaia, para chegar á praia de Malpica. Será a proba máis longa do circuito, con 4.200m.
Para a cita de Malpica xa hai 61 inscritos. Hai 200 prazas como máximo así que xa poden reservar praza a través da web championchipnorte.com.
A última, o 2 de setembro, celebraráse en Fisterra, con 4.000m dende a o porto ata a praia de Ribeira, ou 2.000km dende a Praia de Corveiro, tamén ata a Ribeira. A apertura de inscricións será o 4 de maio
Máis información en www.travesiasisargas.comNovas relacionadas
- Gómez Noya demostrou o seu poderío vencendo o Gran Fondo e na Travesía a nado.
- A Travesía Sisargas volve ser solidaria.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).