As vistas, as protagonistas da BTT de Mazaricos

Éxito absoluto de xornada da III Ruta BTT de Mazaricos. Así califican dende a organización municipal a proba non competitiva que se celebrou durante este domingo montes da zona. E non só porque houbo 400 ciclistas participantes, senón porque todos gozaron das vistas espectaculares polos picos do Aro e o monte da Ruña. Quen tamén quedaron contentos foron os establecimentos da zona. A primeira hora os establecementos enchéronse para repartir máis de 500 cafés e almorzos mentres a hora do xantar se volveron a encher todos con motivo dos diferentes menús BTT. O alcalde tamén quixo facer especial mención a Nito Estalote, organizador da ruta, pola gran labora levada a cabo e unha organización impecable. Tamén agradecer o traballo realizado polos voluntarios de Protección Civil que permitiron que todo saíra sen percance algún.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Fotos de Numenius.