As xuvenís do Volei Dumbría novas campionas provinciais

O equipo xuvenil femenino do Volei Dumbría, adestrado por Luís Alberto Fdez. Redonda, acadou o primeiro posto na fase final provincial celebrada en Bertamiráns esta pasada fin de semana. Ante un pavillón cheo de xente as dumbriesas venceron na final a Boiro por 3-0 (25-15, 27-25, 25-23), nun partido onde as nosas xogaron máis concentradas e souperon aproveitar a suas posibilidades. Pola mañá, nas semifinais, venceran a Ames por 3-1 (25-15, 7-25, 25-14, 25-14) nun partido no que xogaron a gran nivel. Finalmente o Ames quedou en 3º lugar e o a priori favorito Xiria quedou en 4º lugar. Así, o equipo xuvenil formado por Ylenia, Antia, Sandra, Leticia, Anabel, Michelle e Ana consiguiu acadar os obxectivos desta tempada. Ademais este campionato dalles dereito as dumbriesas a xogar os cruces de ascenso á Liga Galega a dobre partido co Bertamiráns, 10º clasificado nesta liga.

Máis vitorias

Para redondear a xornada vitorias, o cadro infantil masculino do Manuela Rial venceu ante Sta Mª del Mar por 0-3 (9-25, 15-25, 23-25). Tamén o cadete masculino do Volei Dumbría galou ante o mesmo rival por 1-3 (18-25, 17-25, 25-17, 19-25).

Vindeira cita

Este fin de semana as infantís do Manuela Rial xogan en Monforte ante o Ribeira Sacra o sábado ás 13:00h e as cadetes do Volei Dumbría as 15:30h tamén ante as monfortinas. Os cadetes do Dumbría xogan co líder da Liga Galega CV Vigo o domingo ás 17:00h en Dumbría. Con estes partidos remata a fase regular. Despois xogaranse as fases finais e os cruces de promoción.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.