Aspadex vive este sábado a festa do deporte para discapacitados

A familia Aspadex ten unha cita este sábado día, 9 de abril, co fútbol sala. A Asociación ASPADEX, organiza a 1ª Xornada da Liga Provincial Interclubes da provincia da Coruña, na modalidade de Fútbol Sala, para persoas con discapacidade intelectual.

Trátase da Festa do Deporte de Aspadex, como sucedera o ano pasado. Está previsto que participen máis 150 persoas entre deportistas, adestradores e voluntarios, entre os 15 equipos participantes.

aumentando así a asistencia de anos anteriores.

A xornada desenvolverase nos Pabillóns Municipais de Cee e Brens, dende as 10:00 h ata 16:00 h do sábado 9 de abril. Deste xeito haberá deporte toda a mañá.

Horarios

Participantes da 1º Xornada da Liga Provincial de fútbol sala

  • ASPROMOR (Ortigueira, 1 equipo)
  • APADER (Cedeira, 1)
  • CHAMORRO (Narón, 1)
  • ASPRONAGA (Coruña, 2+1)
  • ADCOR (Coruña, 2)
  • ASPADISOL (Oleiros, 1)
  • ASPABER (Carballo, 2)
  • ASPAMITE (Teo, 1)
  • AMIPA (Padrón, 1)
  • ASPADEX (Cee, 2)

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Aspadex.