Aspadex vive este sábado a festa do deporte para discapacitados

13:31 08/04/11

A familia Aspadex ten unha cita este sábado día, 9 de abril, co fútbol sala. A Asociación ASPADEX, organiza a 1ª Xornada da Liga Provincial Interclubes da provincia da Coruña, na modalidade de Fútbol Sala, para persoas con discapacidade intelectual.
Trátase da Festa do Deporte de Aspadex, como sucedera o ano pasado. Está previsto que participen máis 150 persoas entre deportistas, adestradores e voluntarios, entre os 15 equipos participantes.
aumentando así a asistencia de anos anteriores.
A xornada desenvolverase nos Pabillóns Municipais de Cee e Brens, dende as 10:00 h ata 16:00 h do sábado 9 de abril. Deste xeito haberá deporte toda a mañá.
Horarios

Participantes da 1º Xornada da Liga Provincial de fútbol sala
- ASPROMOR (Ortigueira, 1 equipo)
- APADER (Cedeira, 1)
- CHAMORRO (Narón, 1)
- ASPRONAGA (Coruña, 2+1)
- ADCOR (Coruña, 2)
- ASPADISOL (Oleiros, 1)
- ASPABER (Carballo, 2)
- ASPAMITE (Teo, 1)
- AMIPA (Padrón, 1)
- ASPADEX (Cee, 2)
Máis información
Novas relacionadas
- 15-04-10: A festa do deporte de Aspadex .
- Aspadex amosa as capacidades laborais dos seus usuarios a través de canles de venda normalizados.
Fonte
- Nota de prensa de Aspadex.