Atletes, Fisober, Ponteceso e Vila de Cee pelexarán pola I Copa da Costa FSF

Martín Varela e Lois Carballido na Presentación I Copa da Costa FSF

Xa temos o cadro da I Copa da Costa de Fútbol Sala Feminino, que se disputará en Corme o 17 de Xaneiro. 4 equipos costeiros (as Roxiñas de Lira non poden por non contar con xogadoras suficientes nesas datas) estrearán esta simbólica edición copeira, organizada pola Asociación Deportiva Vidú.

Na tarde de onte tivo lugar a presentación con presencia de Martín Varela, e o alcalde do Concello de Ponteceso, Lois García Carballido e no cal estiveron presentes varios compoñentes do Fisober FSF, do FSF Villa de Cee e do Concello de Ponteceso FSF.

Ana, a capitana do Fisober, e Zeltia, do cadro pontecesán, foron as mans inocentes que deixaron este cadro, para que o sábado 17 de xaneiro sexa a gran festa do Fútbol Sala Feminino costeiro.

Máis información

Crónicas da temporada

Outras novas do FSF

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).