Axenda deportiva para a Semana Santa co comezo da Copa da Costa 2013
Chega a Semana Santa e o deporte non para. Teremos varias citas cos maratóns en Vimianzo, Esteiro e Baio, pero ademáis hai competicións oficiais.
Futbol da Costa
Temos a xornada 31 na Preferente, que non para, con partidos dende o mércores, co Xallas de Santa Comba na Coruña, pasando polo xoves, co choque do Dumbría no Conco ante o Mugardos, e mais o venres, co choque do Soneira en Sada.
Pero ademáis comeza a 50 edición da Copa da Costa. Como xa podedes ver no Cadro da Copa, temosa q Previa para esta fin de semana. É a partido único polo que 6 equipos quedarán fóra da competición ás primeiras de cambio.
Case todos os partidos serán o xoves pero o Muxía-Ameixenda queda para o domingo.
E son moitas máis as citas deportivas:
Triangulares en Camariñas
Doble cita en Camariñas. Porteño, Camariñas e Camelle xogarán o Triangular do Encaixe no Hermanas Patiño a tarde do xoves 28.
Ademais, tamén o sábado vaise celebrar o II Torneo de Balonmán Feminino Mostra de Encaixe. Dentro das actividades paralelas que se están a desenvolver na Mostra de Encaixe, este ano volve a celebrarse o torneo de Balonmán Feminino. Vai ter lugar no pabillón polideportivo de A Ponte do Porto, comezará ás 11 da mañá, e rematará ó redor das dúas da tarde coa entrega de trofeos aos equipos vencedores
IX Maratón de FS de Esteiro
Os días 28, 29 e 30 de marzo, en plena Semana Santa, o Pavillón Xosé Lago de Esteiro acolle o IX Maratón de Fútbol Sala. Haberá 750€ en premios, e xa se poden inscricibr ata o xoves 28 ás 15:00h (50€ a inscrición) nos números 629 560 240 e 628 046 046.
Torneo de F7 en Vimianzo
Xa está en marcha o Torneo de Futbol 7 en Vimianzo que artella o Soneira SD. O sorteo realizarase o dia 29 ás 21:00h da noite na hamburgueseria London. Haberá 1.400 € en premios e a inscrición pode realizarse no 607 15 29 08 ou no 667 65 00 02.
Maratón de Baio
Os alumnos do IES de Baio artella un maratón que recadar fondos para a excursión de fin de curso, artellan un maratón de FS. A cita será en plena semana santa, os días 30 e 31 de marzo no pavillón baiés.
Como non, os premios son interesantes, 300 puntos para o gañador, 200 para o 2º e 100 para o 3º, sendo 50 a inscrición.
Os teléfonos de contacto para inscribirse, pero xa están todas as prazas ocupadas, antes do 27 de marzo son 660 382 516 e 671 438 067. O sorteo realizarase o venres 29 arredor das 21:00h.
Ruta BTT e carreira Viquinga en Carnota
En Carnota, no marco da Mostra Víndemo Ver, terá lugar doble cita deportiva. O Xoves 28 toca Ruta BTT, mentres que o domingo 31 será tempo de aparcar as bicis e darlle ás pernas na Carreira Viquinga.
Máis información
Artigos relacionados
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido aos irmáns Mato do Cabana.
- Alberto Pose: Xa está de volta a Champions League do fútbol modesto.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).