Baleato presenta un libro didáctico-cientifico para os adestradores

Todo adestrador costeiro, que xa temos moitos e ben preparados, ten a ocasión de seguir formándose na casa co novo libro de Chus Baleato, “Fútbol y Biomecánica de alto rendimiento”, publicado por Editorial Andavira.

O adestrador do Val do Dubra, gran amante do Fútbol da Costa (pasou ademais polo Santa Comba ou o Bergantiños) presenta este manual de consulta, unha obra didáctica, para para que o adestrador teña a man á hora de facer calquera exercicio de técnica, táctica ou perfeccionamento.

O lector atopará desenvoltos a capacidade de percepción do deportista, a análise e elaboración desa información, a almacenaxe e memorización de experiencias, así como a decisión a tomar en cada momento, e, por suposto, a execución dos movementos, explica na introdución. Exercicios tipo

Faite cun exemplar

Xa está en todas as librarías pero tamén podes poñerte en contacto con el directamente para que che mande un libro asinado. Podes pedilo no 981 565 285 ou no 666 676 358.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).