Balonmán: A liga é verde e a Copa azul
Boas novas esta fin de semana para o balonmán costeiro. O Balonmán Xiria aseguraba praza para a Fase de Ascenso á División de Honra, mentres o Balonmán Camariñas dáballe unha alegría aos seus afeccionados facéndose coa Copa Federación disputada no Areal.
Se o Xiria aínda ten camiño por andar, foi un bo broche de ouro para o Camariñas que na tempada da súa 20 aniversario conseguiu facerse coa Copa de 1ª División Autonómica, o ano pasado quedouse nas portas, pois conseguiu o subcampeonato en Ourense.
1ª Estatal, xornada 28
- Resultado: Calvo Xiria - Bm. Porriño (31-12)
- CALVO XIRIA 31 (14+17): Martín Gómez [p], Santiago Gómez [p], Alejandro Naya [p], Alejandro Calvete (1), Brais Puñal (1), Manuel Méndez (1), Sergio Facal (2), Uxío Batán (4), Martín Alfeirán, Julián López (2), Ramón Suárez–Pumariega (1), Jorge Bouzas (3), Carlos Vilanova (1), Pablo Iglesias (7), Javier Rodríguez (3), Gonzalo Pombo (5).
Non deu opcións o cadro carballés ao Porriño e asegura praza para a Fase de Ascenso á División de Honra do balonmán estatal. Dende o inicio os carballeses apoiados polo seu público deixaron ben claro que non querían complicacións e logo de asentarse na cancha, xa que nos primeiros minutos cometeron algúns erros de finalización, no minuto quince o partido xa quedaba sentenciado cun +8 para os verdinegros. Seguir a un ritmo alto en defensa, pero sen desgastarse máis do preciso, foi o guión dos locais, que co asubío que indicaba o remate do encontro celebraron con todos os seus seareiros esta nova xesta deportiva.
Agora queda rematala en Lavadores, en onde unha vitoria dará tamén o título de campión de liga ao Calvo Xiria.
Esta liga é verde - O bus da liga - Vai a Lavadores
Logo de conseguir brilantemente a clasificación para xogar polo ascenso á División de Prata, o Calvo Xiria disputa o último partido de liga na pista viguesa do UD Lavadores, onde se pode producir un fito histórico para o club carballés: proclamarse por primeira vez campión de liga de 1ª Estatal (3ª categoría en importancia do balonmán español).
Se non o queres perder Xiria porá a disposición dos Xirareiros un autocar para que a afección poida viaxar a Vigo e animar e apoiar ao equipo neste histórico momento. O autobús sairá ás 15.00 h do Pavillón Vila de Noia de Carballo (Zona Escolar). O prezo da viaxe serán 5 € e a entrada ao partido será de balde. Para os menores a viaxe será gratis. Ademáis, os viaxeiros que o desexen, ao retorno do partido, poderán disfrutar dunha xamonada co equipo na Cervecería A Bombonera, o prezo é de 5 € (bebida non incluída). Neste caso os menores si que deben pagar. Podes apuntarte chamando ao 616 43 55 45. O prazo límite para apuntarse é o xoves día 5.
Campións da Copa na casa
Estea fin de semana disputouse a fase final da Copa da Federación Galega de Balonmano, entre os equipos Acanor Atlético Novas, Balonmán Tui, Balonmán Culleredo e Conservas Aboiar Camariñas. Quedou Campión O Club Balonmano Camariñas, tras gañar a primeira semifinal o sábado, ao Balonmano Tui por 34 a 25. Na segunda semifinal, o Atético Novás impúxose ao Culleredo por 31-26.
O domingo madrugaron os do Culleredo e os do Tui, para xogar a final de consolación, que levou o Balonmano Culleredo ao vencer aos pontevedreses por 28 a 22.
Na esperada final, enfrontábanse o Camariñas, co papel de favorito, ao xogar na súa casa, e o Acanor Atlético Novás da localidade pontevedresa de O Rosal.
Final da Copa Federación
- Resultado: Bm. Camariñas - At. Novás (27-18)
- Bm. Camariñas: Bruno (P), Alan (1), Fary (11), Eusebio(2), Busto, Checho, Moncho (1), Victor (P), Damián (2), Fabio, Catalán(6), Héctor, Fran, Antelo (3), Xabi (1) e Xosé.
- >At. Novás: Roberto (P), Teixeira, Carlos, Cholo (1), Yago (3), Canedo (3), Pablo (3), Dani Pintus (2), Isma, Esteban (2), Gabri (3), Fabián (1), Jorge Pintus, Jorge (P) e Sergio (P).
- Parciais: ao descanso 12-8.
O inicio foi verdaderamente épico, o Novás cunha defensa moi intensa non deixou desenvolver o xogo do Camariñas e durante o primeiro cuarto dominou o partido, ata que Bruno o porteiro camariñán, nunha serie de paradas decisivas (detivo ata 3 panaltis consecutivos), meteu ao Conservas Boya no partido desarmando ao rival cun Fary impresionante que foi como un estilete na defensa rival. Cos 11 goles que lle fixo ao Novás e 13 ao Tui, foi o máximo goleador do torneo, ademais de levarse o premio ao mellor xogador (por unanimidad de todos os técnicos).
Novas relacionadas
- Un paso máis cara a segunda categoría do balonmán estatal.
- A marea verde impulsará ao Xiria nas 4 finais que restan para o ascenso.
- Na carreira pola Liga.
- Liderado entre masas.
- Balonmán: Doble e dolorosa derrota.
- Mandando en solitario.
- O Calvo vence no xeo.
- O Xiria vence a ritmo da Batucada mentres o Camariñas perde opcións de loitar polo título.
- Quecendo para as primeiras finais.
- Cas opcións intactas.
- O Calvo Xiria mantense implacable.
- Balonmán: A primeira volta remata con podios.
- Balonmán: Xiria e Camariñas rematan o ano moi, moi arriba.
- Pleno de vitorias para o balonmán costeiro.
- Balonmán: 8 de 8 e unha polo cerco.
- Balonmán: O Calvo Xiria segue invicto.
- Líderes.
- Balonmán: Camariñas e Xiria seguen sumando vitorias.
- O Balonmán arrinca con vitorias en Camariñas e Carballo.
- Camariñas queda sen equipo feminino de balonmán esta tempada.
- O Bm. Camariñas renuncia ao ascenso para centrarse na base.
Fonte
- Bm. Camariñas e Calvo Xiria.