Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Balonmán: O Calvo Xiria mantense implacable

Balonmán: O Calvo Xiria mantense implacable
O Calvo Xiria ante o SEDONA O Calvo Xiria ante o SEDONA

400 siareiros en Coira para ver como o Calvo Xiria levaba un triunfo importantísimo ante o Seis do Nadal na mañá domincal. Dous puntos nunha cancha moi complicada, na que claudicou algún dos equipos da parte alta da táboa. Os carballeses seguen líderes, con 2 puntos de vantaxe sobre o Chapela.

Pola súa parte, vitoria relativamente sinxela do Bm. Camariñas ante varios ex compañeiros agora no Culleredo, que manteñen aos conserveiros pelexando por todo, na 3ª praza pero só a 2 puntos do líder, o Rasoeiro, e cun partido menos.

 

1ª Estatal, xornada 17

O Calvo Xiria lider da 2 Naciona
  • Resultado: Seis do Nadal - Calvo Xiria (26-31)
  • CALVO XIRIA 31 (17+14): Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Alejandro Naya, [p], Alejandro Calvete, Brais Puñal (2), Manuel Méndez (1), Sergio Facal (4), Uxío Batán (2), Martín Alfeirán (5), Gonzalo Pombo (6), Mario García de Seárez, Ramón Suárez –Pumariega (3), Jorge Bouzas (3), Carlos Vilanova (2), Javier Rodríguez (3).

Saíu o Calvo moi concienciado da necesidade de levar a iniciativa no partido dende o inicio, tanto foi así que acadou un parcial de 5-0 nos primeiros minutos. Dende ese intre os carballeses apoiándose no bo facer defensivo e no traballo de Iago, foron elevando a diferenza no electrónico, pois tamén no xogo ofensivo amosábase superior. Chegou o tempo de lecer con clara vantaxe para Xiria, mais estaba claro que os olívicos non se renderían. A pesares de chegar a verse no segundo acto 10 goles por abaixo non tiraron a toalla, e cunha defensa aberta que rompeu o ataque carballés, achegouse até os dous goles. Mais xurdiu, no momento máis delicado, a calma no equipo verdinegro, que con moita mobilidade de todos os seus efectivo puxo de novo o partido de cara, facendo infrutuoso o gran traballo dos de Coia no segundo tempo.

A vindeira semana recibe a outro dos de arriba, o Bm. Lalín, o sábnado ás 18:00h no Vila de Noia.

Tempo morto no banco do Calvo Xiria  

1ª Autonómica, xornada 11

  • Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Culleredo (27-20)
  • Balonmán Camarilas: Bruno ℗, Víctor ℗, Alan (2), Fary (4), Eusebio (2), Checho (2), Damián (2), Fabio (3), Catalán (6), Xosé (2), Héctor (1), Fran (1), Antelo (2) e Moncho (1).

Un partido que se esperaba bonito, rivalidade provincial, ex-xogadores de ambos equipos, pero uns árbitros que cubrían o seu escasa calidade técnica cunha alta dose de prepotencia, case estropean un partido, que a priori, ía ser divertido. Destacar as boas defensas dos dous equipos. Polo Camariñas, cando o marcador permitiuno, xogaron todos os convocados, conseguindo gol todos os xogadores, excepto os porteiros, o que di moito dos cambios que se fixeron ao longo do encontro.

A semana pasada suspendeuse por mal estado do terreo, o partido contra o Viveiro Galipizza, que se celebrará o próximo 20 de marzo ás 12:30 horas. A próxima fin de semana desprázase o Camariñas a xogar en casa do sempre complicado Pontedeume, que o ano pasado foi un dos poucos equipos que conseguiu vencer ao Conservas Boya.

 

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios