Balonmán: A primeira volta remata con podios

No podio rematan os dous equipos costeiros a primeira volta nas súas categorías. Máis mérito ten este comezo de tempada do Calvo Xiria, líder da 1ª Estatal, e deixando escapar apenas 2 puntos dos 30 en xogo.

Pola súa parte, o Balonmán Camariñas remataba a primeria volta cun empate que soubo a pouco. Acaba o cadro camariñán 3º a 2 puntos do líder, o Rasoeiro, co Teucro polo medio.

1ª Estatal, xornada 15

  • Resultado: Calvo Xiria - Las Cinco Jotas Lavadores (40-14)
  • Calvo Xiria: Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Alejandro Naya, [p], Alejandro Calvete, Brais Puñal (3), Manuel Méndez (1), Sergio Facal (5), Uxío Batán (3), Martín Alfeirán (5), Gonzalo Pombo (6), Mario García de Seárez (1), Ramón Suárez –Pumariega (2), Jorge Bouzas (5), Julián López (3), Carlos Vilanova (5), Javier Rodríguez (1).

Partido moi serio do Calvo Xiria que non permitiu que en ningún momento o seu rival puidese meterse no partido. Dende o asubío inicial buscou traballar con intensidade e tratando de minimizar os erros tanto en ataque coma en defensa. A velocidade na saída de contraataque e a alta porcentaxe na definición dos carballeses fixeron que o partido estivese completamente roto no minuto quince. Un parcial de 12-3 non deixaba lugar a dúbidas de quen se levaría os puntos en xogo. Mais en ningún momento baixou a intensidade o Xiria, co obxectivo claro de ir aumentando o seu ritmo de xogo de cara aos próximos encontros.

 

1ª Autonómica, xornada 10

  • Resultado: Bm. Pabellón Ourense - Bm. Camariñas (21-21)
  • Balonmán Camarilas: Bruno ℗, Víctor ℗, Alan (5), Fary (3), Eusebio, Checho, Damián, Fabio (1), Catalán (8), Xosé, Héctor (1), Fran (1), Antelo (1) e Moncho (1).

Partido de defensas, dúas das defensas máis fortes do campionato víronse as caras o pasado sábado, a proba foi que só se marcaron 11 e 12 goles en cada periodo. Cada gol era medio partido e foron moi ben xestionados por ambos conxuntos, que foron igualados ata o descanso.
O segundo tempo xa foi doutro xeito, o Pabellón de Ourense saíu cos deberes feitos e fíxolle aos de Camariñas un parcial de 6-1 nos primeiros 10 minutos. Os conserveiros logo de pedir un tempo morto, apertaron a defensa impedindo facer gol aos locais ata os últimos cinco minutos, remontando o partido e xa co 20-21 e balón en posesión do Camariñas, Alan envía ao poste o último atque camariñán, e con tan mala sorte que dá opción a que o último ataque local termine en gol, conseguindo un empate, que finalmente hai que considerar xusto polos méritos de ambos equipos. Destacar o impecable arbitaxe de Tatiana González e Silvia Vázquez.

O vindeiro sábado día 23 ás 18:30 Camariñas C.Aboiar - Viveiro Galipizza último partido da 1a volta.

 

Máis información

Novas relacionadas

Fonte