Balonmán: O Xiria dá o do de peito e métese na Fase de Ascenso á División de Honra B

Calvo Xiria á fase-Foto-Diario Deportivo

As dúas caras do deporte viviu a Costa da Morte esta fin de semana. A alegre viviuse en Carballo, cun Calvo Xiria que consegu´ía a clasificación para a fase de ascenso a DHB. Fíxoo nun auténtico partidao no Vila de Noia ante o conxunto que lle podía ter arrebatado esa 2ª praza. Os dezáns chegaban obrigados a gañar, pero os carballeses aguantaron as embestidas

Pola contra, dura derrota do Bm. Camariñas nun choque importante ante un rival directo, o Magope. Os camariñáns tras6 derrotas seguidas, quedaron decepcionados pola derrota e por non poder brindar unha vitoria a unha afección que merece máis do que lle están a dar os resultados. Aínda así o cadro conserveiro aínda mantén 6 puntos sobre o descenso, polo que a permanencia parece máis que factible.

Na 2ª, mala imaxe a quedaba oo Xallas en Meaño, nun partido para sacar lección. As precipitacións nos pases e a falta de cabeza no ataque provocou unha derrota moi abultada.

1ª División Estatal Masculina, x.26

  • Resultado: Calvo Xiria – Embutidos Lalinense Bm. Lalín (27-26)
  • Calvo Xiria: 27 (14+13). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Andrés Vila, Carlos Vilanova (1), Gabriel Castiñeiras, Julián López (1), Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (4),Juan Carlos Rodríguez (2), Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas (4), Alejandro Calvete (4), Sergio Facal Fariña (1), Chimpo (5), Miguel Suárez – Pumariega.
  • Parciais cada 5´: 3-3/7-4/8-7/11-10/11-14/14-16 /Descanso/18-19/20-19/22-20/23-23/26-24/27-26/Final.

Encontro vibrante, emocionante, con alternativas que fixo as delicias dunhas bancadas abarrotadas por afeccionados de ambos os equipos. Comezaban fortes os locais pero os viistantes aproveitaron varias perdas de balón no ecuador do primeiro tempo para marchar con vantaxe aos vestiarios.

Pero volveu saír centrado o Calvo Xiria na segunda metade, e só tardou tan só dez minutos en darlle a volta ao marcador (20-19). Mellor nas axudas, nas contras, na intensidade, na marcaxe, e permitiulle aos carballeses ir sempre por diante. Aínda houbo que sufrir ata o ultimo segundo, pous o Lalín perdeu o último ataque sobre a bocina, permitindo que os carballeses celebrasen o pase á Fase.

 

1ª División Estatal Masculina, x.26

  • Resultado: Bm. Camariñas - Magope (28-34)
  • Bm. Camariñas: Cristian (p), Félix (p), Alan (4), Eusebio (5), Sergio, Gonzalo, Damián, Fabio, Cristian Canosa (8), Fran Carril (1), Cristian Antelo (3), Fabián (4), Xabi (2).

Partido horrible no peor día posible. E iso que os camariñáns saían ao campo mentalizados en sacar 2 puntos pero quizais o exceso de motivación xerou ansiedade no xogo de ataque, con constantes perdas, imprecisións e erros de lanzamento que facían inútil unha relativa boa defensa. Ao descanso marcharon os visitantes xa cunha vantaxe de 5 goles (8-13).

A saída na 2ª metade parecía vir cunha melloría pero o partido converteuse nun “correcalles” con intercambio de goles que nada fixo cambiar o resultado final.
Próximo rival, o Bm Rasoeiro en O Grove, equipo que precede aos conserveiros na táboa, e no que esperan recuperar a mellor imaxe.

 

2ª Autonómica, xornada 21

  • Resultado: Asmubal Meaño - Bm. Xallas (32-18)
  • Bm. Xallas: Fran (p), Martin (p), Raúl (3), Dani, David (3), Mario (3), Marcos (3), Alex (5), Eloy (1), Viqueira, Juan e Gonzalo.

Chegaba o Xallas a Meaño para enfrontarse ao Asmubal, coa condición de ser un equipo inferior. Buscaba plantexar un partido difícil a un rival que necesitaba os dous puntos para seguir loitando pola segunda praza da clasificación.
Saía o Xallas un pouco dormido, costáballes finalizar as xogadas con claridade, e as imprecisións nos pases pagábase con contraataques rápidos dos de Meaño, que se adiantaban no electrónico para mandar no partido. A partir do minuto 12, un tempo morto local para axustar ao equipo, mudou por completo o partido. Os axustes na defensa impedían ao Xallas finalizar ben e os contaataques locais fulminaban a un Xallas que se comezaba a ver perdido na pista cun parcial en contra de 6-1 en 5 minutos. A partir de ahí o Xallas intentouno e foi non foi quen de ir recortando diferenzas chegando ao descanso cun 18-12 a favor do cadro local. Na segunda metade voltaban os de Barbeira a defensa 5:1, que resultou en moitas recuperacións de balons pero non lograban anotar os contraataques. O porteiro de Meaño fíxose enorme parando todo cando lanzaban os xalleiros. Continuaría abrindo diferenzas o Asmubal a costa das precipitacións xalleiras e os contraataques. Exhibíase o Asmubal no contaataque e montaban festa na grada mentes os xalleiros xa só buscaban a final do encontro.

A vindeira semana recibirá o Xallas ao outro equipo empatado na segunda praza e na loita polo ascenso, ao COSAGA Campus Ourense.

 

Máis información

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).