Balonmán: O Xiria non falla e mantén a loita olo título

De final en final vai xa o Calvo Xiria cara a fase de ascenso. E por agora non falla, e segue a 3 puntos do líder, un Novás que tampouco deixa escapar nada. Pola contra, o BM. Camariñas sumaba na Coruña (onde a bancada era máis camariñá que herculina) a súa 4ª xornada sen vencer e cae á 13ª praza, con 16 puntos, empatados, iso si, con Teucro e Cañiza, e a só 2 puntos do 9º posto. O mellor do partido, a sensación de non ser inferiores no campo e moito menos na bancada, pero o peor, outra derrota que nos estanca nos 16 puntos, aínda nunha posición cómoda. Para este vindeiro sábado, ás 18:30h, derbi comarcal entre Xiria e Camariñas. Na 2ª, o Lavadores, na loita polo ascenso, non daba opción a un Bm. Xallas que queda na 11ª posición, empatado con Lucus, que será o proximo rival dos xalleiros, o vindeiro sábado ás 20:00 en Fontenla.  

1ª Estatal, xornada 22

  • Resultado: Calvo Xiria - Bm. Saeplast Cañiza (33-21)
  • Calvo Xiria: 33 (17+16). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (13), Gabriel Castiñeiras, Julián López, Brais Puñal (1), Fran Rey, Pablo Iglesias (8),Juan Carlos Rodríguez (2), Manuel Méndez (4), Jorge Bouzas, Alejandro Calvete (1), Sergio Facal Fariña (1), Chimpo (3).
Aquí tendes o partido completo:

1ª Estatal, xornada 22

  • Resultado: OAR Coruña - Bm. Camariñas (27-23)
  • Bm. Camariñas: Cristian (p), Félix (P), Alan (4), Eusebio (3), Borja (4), Fabio, Cristan Pasantes (3), Cristian Antelo (1), Fabián (8).
Derbi provincial que rematou coa sensación, como últimamente vén acontecendo, de que se lle escaparon 2 puntos aos de Moncho Canosa ante un rival que nin foi superior. Si que foi máis intelixente e efectivo en momentos claves facendo inclinar o partido para o seu lado. Comezou igualado o encontro ata o minuto 20 no que os locais dispoñían da maior renda (14-8), reaccionando nese intre (coincidindo coaa entrada dos aficionados camariñáns Boya Blues), para irse ao descanso 14-12. Boa saída do vestiario (15-15), momento no que os conserveiro tiveron varias opcións de romper o marcador pero por diferentes circunstancias non o fixo. Recompúxose o Oar conseguindo manter diferencias de 2 goles ata os últimos minutos. Tentouno todo pero o equipo exprimido non foi capaz de conseguir a remontada.  

2ª Autonómica, xornada 18

  • Resultado: Bm. Lavadores - Bm. Xallas (34-19)
  • Bm. Xallas: Martín e Fran (p), Raul, Dani, David, Samuel, Mario, Marcos, Eloy, Alex, Roi, Juan e Gonzalo.
Choque do Bm. Xallas Visitaba o Bm Xallas a un Bm Lavadores necesitado da vitoria para manterse na loita do ascenso.Saltaban con ganas os de Barbeira á pista, que tiñan que esforzarse ao máximo na defensa para parar as embestidas dun Lavadores cargado de xogadores de categorías superiores, que amosaban unha superioridade física e de xogo importante. 15 minutos de resistencia ofreceron os xalleiros, que pouco a pouco se ían quedando atrás no electrónico, sufrindo cada ataque para conseguir facer gol. Ante este panorama, na segunda parte os xalleiros salían coa única intención de disfrutar, sabedores de que Lavadores non iba deixar escapar os puntos.

Máis información

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).