Balonmán: Sumando ante a mellor afección da liga
Empate camariñán ante un candidato ao título e vitoria carballesa para manter as posicións cómodas da táboa. O Calvo segue a un puntiño do líder, mentres o Conservas está na 8ª praza, iso si, máis preto da zona baixa da da alta.
Bm. Camariñas - Bm. Chapela (26-26)
”Si acabas cabreado tras empatar ante un gran equipo candidato ao título como é o Chapela é que se fixeron moi ben as cousas”. Así viu o partido o adestrador camariñán Moncho Canosa, que recoñece o mérito dos seus, máis se cabe contando as 3 baixas importantes coas que chegaba.
A mellor afección da Liga deixou a súa sinatura no partido, e o xogo correspondeulle na pista. Os primeiros 30 minutos foron do mellor da tempada, con gran fluidez e intelixencia á hora de buscar situacións claras de lanzamento, en ataque, e dunha solidaridade e sensación de bloque, en defensa, ademáis da gran aportación da portería. Ao descanso marchaban os conserveiros 1 abaixo pero coa sensación de que o partido estaba máis que aberto.
Na segunda metade o equipo seguíu indo a máis e consigue irse de tres a falta de menos de 10 minutos. Varios erros de lanzamento nos últimos minutos propician que o Chapela se poña un arriba á falta de 1 minuto. Parecía que ía acabar o encontro cunha derrota inxusta, pero unha última gran defensa e un gol a 10 segundos para o final permiten sacar un punto que deixa sensacións contrarias e satisfacción polo realizado.
Unha cousa sí quedou clara: con este nivel de xogo e sacrificio dos xogadores, e a axuda impagable da afección, esta pode ser unha gran temporada para o Conservas.
Calmear Rasoeiro Bm. – Calvo Xiria (26-29)
- Calvo Xiria: 29 (15+14). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Andrés Vila, Carlos Vilanova (3), Gabriel Castiñeiras (4), Julián López (2), Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (10), Hugo Rodríguez (2), Miguel Suárez Pumariega (1), Juan Carlos Rodríguez (3), Manuel Méndez (1), Jorge Bouzas (3), Sergio Facal, Alejandro Calvete.
Unha defensa máis que sólida permitiulle aos carballeses colocarse con 6 goles de vantaxe xa nos primeiros 15 minutos. Con velocidade e firmeza marcharían así ao descanso.
Na segunda completouse un dominio total ata que xa ca vitoria asegurada e 9 goles de diferencia a falta de 12 minutos, os verdes baixaron os brazos e permitiron un achegamento ficticio.
Máis información
Crónicas da tempada
- X.8: A festa do balonmán 100% costeiro, 10 anos despois.
- X.7: Sábado de afeccións.
- X.6: O Calvo responde.
- X.5: O Bm. Camariñas presentouse en casa en clave de festa.
- X.4: Doble derrota conserveir.
- X.3: En zona nobre.
- X.2: A primeira saída depara unha vitoria e unha derrota para os costeiros.
- X.1 :Calvo e Conservas empezan a campaña na 1ª Nacional con sendas vitorias.
Novas relacionadas
- Maio 2017: Un equipo que venderá a súa praza acabou co soño do ascenso do Calvo Xiria.
- Maio 2017: Balonmán: O Bm. Camariñas conseguiu en Valladolid un histórico ascenso á 1ª.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).