Basket: A canteira toma o protagonismo

Infantis do ACB Costa da Morte

Houbo parón esta fin de semana nas Ligas Sénior (non sabemos se sería polas desavenencias entre FIBA e Euroliga) polo que os Junior e a base tomaro o protagonismo.

Se por Cee contaron partidos por derrotas, por Carballo, os Junior do Xiria tampouco sumaron e só o fixo o cadro feminino do Artai.

Junior Masculino

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - SANTO DOMINGO BETANZOS (44-77)
  • ACB: Jorge (6); Dani; Luci (2); Fran (10); Iván (22); Anxo; Lois (2); Xabi (2); Jesús.

Duas caras amosadas polo conxunto costeiro. No primeiro cuarto se veu no pavillón un auténtico vendaval, xa que os visitantes pechaban liña de pase, e os ceenses caian na trampa e e perdían numerosos balóns, que remataban en fáciles contraataques. No segundo cuarto a tónica é parecida, mais o desacerto de Betanzos fai que o partido non se escape. Na segunda metade, o conxunto ceense mellora a súa imaxe, conseguindo non apresurarse e ler mais o xogo e atopar ó compañeiro libre, sumado a unha boa defensa incluso fai que os ceenses se leven o terceiro parcial por un punto de vantaxe. No derradeiro período, os ceenses continua facendo un bo xogo, se ben un arreon final dos visitantes é suficiente para levarse o parcial. Sen dúbida hai cousas a mellorar, pero van por boa liña os rapaces adestrados por Pais.

Ademais, tiveron ocasión de desputar os partidos correspondentes á liga Xogade "A.D. As Rías" os máis cativos do clube, os alevins e os benxamíns, ademais do infantil feminino que tamén xogará algúns encontros, para limar cousas adestradas. O mais importante foi que os cativos desfrutaron dunha boa xornada de baloncesto en Cee enfrontandose ao CB Noia e onde os resultados foron o de menos.

En canto as infantís, as mozas do ACB caían ante un bo Compañía, mentres que os de Manu non puideron competir en Cambre.

Choque das infantis do ACB  

Junior Masculino

  • Resultado: Ortodix Basket Xiria - Río Ourense Termal (49-73)
  • Ortodix: Jota (2); Javi (5/1t); Souto (2); Manu (19); Iago (-); Luciano (6); Martín (3); Mario (-); Juan (6); Edu (2); Carlos (2); Yago (2)
Foto-Juan Carlos Castro Pombo

Tardou en entrar no partido o cadro carballés e tivo que tirar de agresividade para rematar o primeiro cuarto en empate. As perdas no segundo período impediu que os locais marchasen por diante. Pero a segunda metade foi ourensá, tras unha subida de intensidade nas dúas zonas, deixando un parcial de 9-26 no terceiro cuarto que sería definitivo.

 

2ª División Junior Feminina, Liga Provincial, xornada 3

  • Resultado: CARNICERÍA DANIEL ARTAI - CB SANTO DOMINGO DE BETANZOS (45-34)
  • PARCIAIS: 20-7; 25-23; 36-27; 45-34
  • C.B. ARTAI (20+5+11+9): Iria, Carla, Sara (4), Sabela (8), Paula (3), Lucía (4), Nuria (6), Emma (8),Sarita (2) e Cayetana (10).
A artaica Lucía

Terceiro partido de liga para as carballesas e nuevamente no pabellón da zona escolar de Carballo (este e o primeiro ao ser locais e o da segunda xornada por ser o derbi contra Dimolk Xiria). Era o partido da xornada, os dous únicos equipos invictos da liga e a seriedade e a contundencia coa que ambos equipos afrontárono así o demostrou .O conxunto de Zeravica e Guillermo demostrou en Carballo que pese a non ter moitas xogadoras, só sete, sabe ao que xoga: defensa agresiva, moi intensas baixo os dous aros na loita polo rebote e unha intensidade moi alta durante todo o partido. Con esas armas puxeron en serios aprietos ás locais. E iso que os dez primeiros minutos volveron demostrar sobre a pista as virtudes desta tempada, cunha gran efectividad no tiro exterior ( catro triplos no primeiro cuarto) e cunha gran defensa (deixaron en sete puntos ás betanceiras). Pero a situación viró por completo no segundo parcial, coas visitantes máis incisivas na defensa e con ou ndomini aplastante no rebote (en varias xogadas chegaron a tirar ata en catro ocasiones na mesma posesión). Con 25 a 23 íanse os dous equipos ao vestuario.
No terceiro cuarto, as locais, con máis paciencia e coa igualdade no rebote volveron manexar pequenas rendas nunca superiores á decena de puntos, diferenza considerable vendo as anotacións dos dous equipos. Sen as opcións do rebote, as xogadoras de Zeravica e Guillermo quedáronse sen a posibilidade de apertar máis o partido (só anotaron 11 puntos en toda a segunda parte).

Cadete Masculino, 2ª División, xornada 2

  • Resultado: ESCOLA BASKET XIRIA - CB ARTAI (12-81).
  • ESCOLA BASKET XIRIA: Rodriguez, Castro, Pose (2), Rios (6), Fraga (1), Melini (1), Pereira, F. Rodriguez, Moreira, Pena (2), Castiñeira.
  • C.B. ARTAI: Freire (6), Abe, Marco (10), Pablo (18), Samu (16), Javi S. (11), Julio (2), José (18).

Derbi carballés marcado pola diferencia física entre os colexiais (todos de segundo ano) e un Xiria formado por xogadores de 1º. Desde o primeiro momento, o maior ritmo e intensidade dos colexiais, unido á súa superioridade física, permitiulles conseguir unha renda no marcador, que crecía aos poucos co paso dos minutos ante o que pouco podían facer os xogadores de Héctor Añón.

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).