As Sénior do ACB
Só os equipos femininos dos ACB Costa da Morte conseguiron gañar nesta fin de semana, como consecuencia dos bos partidos do sénior e do infantil. Pola contra cruz para os masculinos que rozaron a vitoria na categoría sénior e sucumbiron claramente no júnior, infantil e cadete.
Mentres, a xornada foi mala para os junior carballes, con dobre derrota do Artai e do Carballo a un paso.
Familia AC
3ª División Sénior Masculina
Resultado: ACB COSTA DA MORTE – CB CAMBRE (48-49)
Parciais: 10-19 / 14-7 / 11-13 / 13-10.
ACB: Manuel (13, 2T), Déril (11, 2T), Tinin (11), Ivan (4), Pais (6), Adrián (3), Sergio, Diego e Jose. Faltou o partido Gonzalo e Alfredo por lesión.
Dolorosa derrota do equipo sénior do ACB que caia na tarde do sábado no pavillón de Brens nun partido igualadísimo co equipo de Cambre. O mal arranque dos ceenses onde encaixaron un parcial de 2-19 nos primeiros minutos sen dúbida foi o que marcou o partido. Os censes non deron o partido por terminado e grazas a un gran acerto no tiro exterior con Manu e Déril remontaron o partido ao descanso.
Tras a reanudación foron os mellores minutos dos costeiros que conseguiron anotar rapidamente e conseguían dominar o xogo interior co acerto nas segundas xogadas grazas ao labor no rebote de Tinin, pero non conseguían despegarse do marcador. Así se chegaría os segundos finais e, pese a que predominaban as boas defensas, un triplo lonxano do número 71 visitante ao taboleiro a falta de vinte segundos decantou a balanza ao seu favor.
2ª División Sénior Feminina
Resultado: ES BAZARRA COSTA DA MORTE – PRONE LUGO (45-38)
PARCIAIS: 14-7 / 7-13/16-10 / 8-8
ACB: Yaiza (14), Fani (14, 1T), Lorena (6), Andrea (3), Sandra (4), Esther (4), Lara, María Castro e María Agulleiro.
Segunda vitoria en tres partidos para o equipos sénior feminino que se afianza nos primeiros postos da clasificación. Completo partido de todas as xogadoras que despregaron nos primeiros minutos do partido o seu mellor xogo ante un equipo sempre difícil como é o lucense. No segundo cuarto moitas imprecisións no pase deron lugar a anotar fácil ao equipo visitante, que facía que se aproximasen no marcador pero no terceiro cuarto grazas ao acerto en ataque de Yaiza e Fani e unha boa defensa presionante volverían despegarse no marcador facendo inalcanzables os esforzos das lucenses por achegarse ao marcador.
Excelente partido das rapazas de Pais que a próxima semana visitarán a cancha do Lourenzá, tamén en Lugo.
2ª División Junior Masculino
Resultado: CULLEREDO – CE CUME CEE (82-44)
Cume Cee: Adrián (24), Diego (2), Nando (15), Luciano (2), Cristian V. , Xabi, Cristian M. (1).
Na mañá do sábado o equipo se enfrontaba ao quizais mellor equipo da súa competición. A pesar diso houbo un bo arranque dos censes que estiveron por diante do marcador nos primeiros sete minutos de partido amosando o seu potencial pero a reacción do Culleredo xa os puxo por diante no primeiro período. (15-13)
O equipo local empeza a despegar e xa o descanso a renda era de doce puntos pero a defensa visitante era boa. No descanso o partido pártese completamente onde os locais anotan desde a liña de tres con facilidade (anotan 13 en total) e con rápidas penetracións levaron unha vitoria clara que os afianza como líderes da categoría. Pese a derrota, foi un bo partido do equipo adestrado por Lucas, que non perdeu a concentración durante o partido e quedan ca boa primeira parte realizada, toca seguir traballando.
Familia Artai
2ª División Junior Masculino - xornada 4
Resultado: Bca - Artai (80-39).
Parciais: 22-10/22-07/20-11/16-11
ARTAI (10-7-11-11): Viña (4), Pouse (6), Guiance (6), Gil (6), Raul (5), Santi Pena (6), Cancela (4), Santi Rei (2)
A presión a toda pista do BCA durante todo o partido propiciou moitas perdas de balon no campo defensivo dos colexiais pois concederon canastras fáciles aos herculinos desde o inicio de choque. Os azuis intentárono pero os coruñeses foron superiores en todas as facetas do xogo o que desencadeou unha nova derrota en liga. A pesar do revés recibido os nosos juniors deron un paso adiante tanto ofensiva como defensivamente: en ataque, o equipo optimizou as lecturas e a toma de decisións e, en defensa, mellorouse as axudas defensivas e a defensa 1x1. O equipo segue avanzando, mellorando e asimilando conceptos.
nbsp;
Basket Xiria
1ª Autonómica
Resultado: Carballo a un Paso Basket Xiria - CB Culleredo (57-61).
Basket Xiria (57, 19 + 15 + 13 + 10): Roi (6), Javi Argüelles (8), Kane (16, 2t), Tato (12, 2t), Héctor (10, 3t) -equipo inicial- Fran Cristóbal (1), Tomé (4), Luis Gómez e Jorge Guillamet.
No arranque do partido o CB Culleredo, que chegaba como líder en solitario a Carballo, mostrouse superior abrindo unha lixeira vantaxe ao seu favor, pero os de Basilio Pampín souberon reaccionar e na parte final do primeiro cuarto atoparon o acerto que lles permitiu achegarse no marcador deixándoo en 19-23.
Esta derrota deixa o balance do equipo en 3 vitorias e 3 derrotas que o colocan provisionalmente na terceira praza da clasificación á espera dos demais resultados da xornada.