Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Basket: As mozas ao poder

Basket: As mozas ao poder
As Senior feminino do ACB As Sénior do ACB Só os equipos femininos dos ACB Costa da Morte conseguiron gañar nesta fin de semana, como consecuencia dos bos partidos do sénior e do infantil. Pola contra cruz para os masculinos que rozaron a vitoria na categoría sénior e sucumbiron claramente no júnior, infantil e cadete. Mentres, a xornada foi mala para os junior carballes, con dobre derrota do Artai e do Carballo a un paso.  

Familia AC

3ª División Sénior Masculina

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE – CB CAMBRE (48-49)
  • Parciais: 10-19 / 14-7 / 11-13 / 13-10.
  • ACB: Manuel (13, 2T), Déril (11, 2T), Tinin (11), Ivan (4), Pais (6), Adrián (3), Sergio, Diego e Jose. Faltou o partido Gonzalo e Alfredo por lesión.
Dolorosa derrota do equipo sénior do ACB que caia na tarde do sábado no pavillón de Brens nun partido igualadísimo co equipo de Cambre. O mal arranque dos ceenses onde encaixaron un parcial de 2-19 nos primeiros minutos sen dúbida foi o que marcou o partido. Os censes non deron o partido por terminado e grazas a un gran acerto no tiro exterior con Manu e Déril remontaron o partido ao descanso. Tras a reanudación foron os mellores minutos dos costeiros que conseguiron anotar rapidamente e conseguían dominar o xogo interior co acerto nas segundas xogadas grazas ao labor no rebote de Tinin, pero non conseguían despegarse do marcador. Así se chegaría os segundos finais e, pese a que predominaban as boas defensas, un triplo lonxano do número 71 visitante ao taboleiro a falta de vinte segundos decantou a balanza ao seu favor.  

2ª División Sénior Feminina

  • Resultado: ES BAZARRA COSTA DA MORTE – PRONE LUGO (45-38)
  • PARCIAIS: 14-7 / 7-13/16-10 / 8-8
  • ACB: Yaiza (14), Fani (14, 1T), Lorena (6), Andrea (3), Sandra (4), Esther (4), Lara, María Castro e María Agulleiro.
Segunda vitoria en tres partidos para o equipos sénior feminino que se afianza nos primeiros postos da clasificación. Completo partido de todas as xogadoras que despregaron nos primeiros minutos do partido o seu mellor xogo ante un equipo sempre difícil como é o lucense. No segundo cuarto moitas imprecisións no pase deron lugar a anotar fácil ao equipo visitante, que facía que se aproximasen no marcador pero no terceiro cuarto grazas ao acerto en ataque de Yaiza e Fani e unha boa defensa presionante volverían despegarse no marcador facendo inalcanzables os esforzos das lucenses por achegarse ao marcador. Excelente partido das rapazas de Pais que a próxima semana visitarán a cancha do Lourenzá, tamén en Lugo.  

2ª División Junior Masculino

  • Resultado: CULLEREDO – CE CUME CEE (82-44)
  • Cume Cee: Adrián (24), Diego (2), Nando (15), Luciano (2), Cristian V. , Xabi, Cristian M. (1).
Na mañá do sábado o equipo se enfrontaba ao quizais mellor equipo da súa competición. A pesar diso houbo un bo arranque dos censes que estiveron por diante do marcador nos primeiros sete minutos de partido amosando o seu potencial pero a reacción do Culleredo xa os puxo por diante no primeiro período. (15-13) O equipo local empeza a despegar e xa o descanso a renda era de doce puntos pero a defensa visitante era boa. No descanso o partido pártese completamente onde os locais anotan desde a liña de tres con facilidade (anotan 13 en total) e con rápidas penetracións levaron unha vitoria clara que os afianza como líderes da categoría. Pese a derrota, foi un bo partido do equipo adestrado por Lucas, que non perdeu a concentración durante o partido e quedan ca boa primeira parte realizada, toca seguir traballando.  

Familia Artai

2ª División Junior Masculino - xornada 4

  • Resultado: Bca - Artai (80-39).
  • Parciais: 22-10/22-07/20-11/16-11
  • ARTAI (10-7-11-11): Viña (4), Pouse (6), Guiance (6), Gil (6), Raul (5), Santi Pena (6), Cancela (4), Santi Rei (2)
A presión a toda pista do BCA durante todo o partido propiciou moitas perdas de balon no campo defensivo dos colexiais pois concederon canastras fáciles aos herculinos desde o inicio de choque. Os azuis intentárono pero os coruñeses foron superiores en todas as facetas do xogo o que desencadeou unha nova derrota en liga. A pesar do revés recibido os nosos juniors deron un paso adiante tanto ofensiva como defensivamente: en ataque, o equipo optimizou as lecturas e a toma de decisións e, en defensa, mellorouse as axudas defensivas e a defensa 1x1. O equipo segue avanzando, mellorando e asimilando conceptos. nbsp;

Basket Xiria

1ª Autonómica

  • Resultado: Carballo a un Paso Basket Xiria - CB Culleredo (57-61).
  • Basket Xiria (57, 19 + 15 + 13 + 10): Roi (6), Javi Argüelles (8), Kane (16, 2t), Tato (12, 2t), Héctor (10, 3t) -equipo inicial- Fran Cristóbal (1), Tomé (4), Luis Gómez e Jorge Guillamet.
No arranque do partido o CB Culleredo, que chegaba como líder en solitario a Carballo, mostrouse superior abrindo unha lixeira vantaxe ao seu favor, pero os de Basilio Pampín souberon reaccionar e na parte final do primeiro cuarto atoparon o acerto que lles permitiu achegarse no marcador deixándoo en 19-23. Esta derrota deixa o balance do equipo en 3 vitorias e 3 derrotas que o colocan provisionalmente na terceira praza da clasificación á espera dos demais resultados da xornada.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios