Basket: O Xiria quedou a un paso do ascenso á Liga EBA
Non puido ser. O Carballo Basket disputaba en Riazor a final four da fase de ascenso á Liga EBA. Pero non puideron dar a sorpresa ante o Obradoiro de Santiago e caeron por 73-68. Gran resposta da afección que enchiu de cor verde as bancadas herculinas e que levaron en volandas aos de Arturo Ferraces. O choque foi moi duro, pero os carballeses acusaron demasiado a baixa de Villamil e botaron de menos a un Esmorís que non chegiou á cita ao 100% por mor das lesións.
En todo caso, a familia Xiria só pode darse os parabéns por este gran ano.
E a cousa non para. Co Pequebasket xa en marcha, as que practicamente se despiden do ascenso son as Junior do Dimolk, que sumaron a súa 3ª derrota consecutiva en 3 partidos na Fase de Ascenso.
Un Basket Xiria que fará a foto de familia este sábado 13 de maio ás 15:45 no pavillón Vila de Noia.
Familia ACB
3ª División Senior Masculino
- Resultado: C.E CUME ACB COSTA DA MORTE – LOS ÁNGELES GAS OLEIROS (45-74)
- CUME: Manu (2); Christian V. (3, 1T); Deril (10,1T); Alfredo(1); Rodri (10) – cinco inicial – José (7); Luci (6, 2T); Cristian M. (3); Sergio (3, 1T)
Mal partido dos ceeses que buscaban acadar a súa terceira vitoria consecutiva e da tempada, pero en todo momento estiveron a remolque do CB Oleiros Comezaron os ceenses demasiado despistados, mal en ataque, onde non se daban dous pases seguidos e se tiraba a primeira oportunidade, incluso tiros que estaban a ser moi ben punteados polos visitantes. En defensa a cousa non ia mellor, e a falta dun bo axuste na zona facía que os oleirenses castigasen dende as esquinas en duas acción case que consecutivas, onde polo momento o mellor era que so había 8 puntos de diferencia no marcador (11-19).
No segundo período, a defensa en individual non consegue os froitos desexados, xa que os locais eran superados unha e outra vez no 1x1. Como nota positiva, parece que en ataque o xogo xa non é o mesmo,xa hay algús 1x1, onde se descarga ben o balón ás esquinas, sen sorte nin puntería, pero a melloría en sensacións animaba a ser optimistas. (14-21)
Á volta do descanso, se consegue encontrar a Cristian no poste baixo, que se ben, non era quen de anotar, si conseguiu sacar faltas, para logo anotar algún tiro libre. Acto seguido, unha tripla de Chris, fai que os costeiros se coloquen a dez puntos, pero Oleiros volve a atacar con moita firmeza, movendo moito o balón , e ainda que o marcador non era definitivo, o 35-47 deixaba aos ceenses con poucas opcións para o período final. (10-17)
No derradeiro periodo aos locais lles faltaba forza, e velocidade, vendose superados unha e outra vez polos contraataques do equipo visitante. En ataque, só 5 puntos (3 deles dende o tiro libre) o din todo, chegando a unha abultada, mais merecida derrota.
Xa pensan na Copa Primavera.
2ª División Infantil Masculino
- Tesultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE VERDE – MARISTAS (56-38).
- Parciais: (12-11; 6-9; 26-2; 12-16) (ACUMULADO: 12-11; 18-20; 44-22; 56-38)
- ACB COSTA DA MORTE VERDE: Alex Domínguez, 4 ptos; Marcos, 14 ptos; Guillermo, 0 ptos; Adrián, 6 ptos; David, 10 ptos – quinteto inicial – Ramiro, 16 ptos; Fran, 2 ptos; Caique, 2 ptos; Eddy, 2 ptos.
Último partido de liga, no que era necesaria unha victoria para acabala liguilla primeiros de grupo, xa que Xiria gañara o seu encontro pola maña contra Laracha.Un inicio de partido no que a pesar de non anotar, os rapaces de Vimianzo daban boas sensacións no seu xogo, pero que no marcador non se veía reflexado. Unha certa relaxación na defensa no segundo cuarto, dou pé a que Maristas puxerase por diante no marcador o chegar o ecuador do encontro. Tralo descanso, cambio total, cun equipo local metido completamente no partido, apretando en defensa e con rapidos contraataques facendo un parcial de 26-2, que doulles a tranquilidade suficiente para afrontalo resto do partido e asegurarse o primeiro posto definitivamente. Remate de liga e a espera do comezo de copa, no que non participará o Ferroatlántica Blanco.
Familia Artai
Liga Galega Infantil, xornada 10
- GALTEC - CB ARTAI (83-45).
- CB ARTAI ( 17+11+15+2): Daniel (4), Damián (14), Miguel (6), Borja Ríos (10), Álvaro (1), Borja Rey, Antón (4), José, Jano (2), Mario (2) e Javi (2).
Liga Galega Infantil, xornada 13
- Resultado: CB ARTAI - BÁSQUET CORUÑA (65-81).
- CB ARTAI (16+20+15+14): Borja Ríos (23), Miguel Cerviño (12), Jano (6), Antón (12), Javi (2), Manu (2), Daniel (4), Damián (2), Mario Penedo (2) e Borja Rey.
Segundo partido da fin de semana para os mozos xogadores de Javier Cotelo quen o día anterior, o sábado, tiveron que xogar en Vilagarcía ante o Sigaltec. Gran traballo o realizado o fin de semana polos infantís con eses dous partidos en 48 horas e no do domingo puxéronlles complicadas as cousas ao rival, ao Básquet Coruña, segundo clasificado do grupo. Mentres lles duraron as forzas e as enerxías aguantaron os carballeses, como no partido do sábado, sen perder a compostura e realizando un bo xogo.
Liga Provincial Cadete Feminina, Fase de Ascenso, xornada 8
- Resultado: Básquet Coruña - Artai (76-53)
- CB ARTAI: Nuria (18), Emma (26), Sabela (1), Sarita (2), Cayetana (4), Alejandra, Iria, Uxía, Carla e Lucía (2).
Cos dous equipos clasificados para a fase final polo ascenso á Liga Galega, herculinas e carballesas xogábase o título das delegacións da Coruña e Ferrol. Pero pronto se rompeu a igualdade. Cara o final do primeiro cuarto, unha serie de erros nos pases e mala selección de tiro permitiron aos locais abrir unha fenda que xa foi imposible recuperar.
Ao finalizar o partido ambos equipos pousaron para a foto final e as carballesas luciron unhas camisetas commemorativas da fase de ascenso que comezará para o próximo fin de semana, todo un logro para o baloncesto feminino e para o club escolar.
Máis información
- 55 clubes participan na V edición do Pequebasket.
- Pendentes do ascenso.
- Domingo de Resurrección para o ACB Costa da Morte:
- As Junior do Dimolk Basket Xiria tamén xogarán a fase de Ascenso a Liga Galega.
- O Calvo Xiria xogará, por sexta vez, a Fase de Ascenso á Liga EBA:
- A un partido da Fase de Ascenso á Liga EBA.
- Unha xornada de escándalo.
- Unha de compromiso social.
- Basket: O Xiria xogará a Fase de Ascenso.
- Mirando en fite as fases de ascenso.
- O Vázquez y Reino métese na Fase de Ascenso no ano da súa estrea.