Basket: Os chicos melloran e as chicas seguen gañando

Non foi mala a xornada para os equipos do ACB xa que pese as derrotas dos sénior e dos cadetes o seu bo xogo fai pensar nunha notable melloría. Cómpre destacar as vitorias femininas do equipo júnior e infantil.  

3ª División Sénior Masculino

O ACB en Oleiros-Foto-Trebons
  • Resultado: TREBONS – ACB COSTA DA MORTE (48-35)
  • ACB: Manu (18, 5 Triples), Déril (13, 1Triple), Jose (2), Sergio, Iván, Gonzalo (2), Diego, Alfredo e Nefri.
Regular partido dos sénior no seu desprazamento a Oleiros para enfrontarse o cuarto clasificado da Liga. O mal arranque do equipo tanto no comezo do encontro coma tras o descanso lastrou as pretensións de vitoria dos sénior que pese a chegar co partido case empatado ao descanso (22-20), perderon toda oportunidade tras un pésimo terceiro cuarto onde a defensa non foi quen de parar o ataque local. Este martes se enfrontaran a Cambre para disputar un partido aprazado de Liga. Aquí vemos unha canasta de Manu, o máximo anotador dos costeiros en Oleiros. [fbvideo link="https://www.facebook.com/acb.costadamorte/videos/1138020776215742/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]

2ª División Junior Feminino

  • Resultado: PRONE LUGO – ES BAZARRA COSTA DA MORTE (50-41)
Un bo inicio das sénior, no difícil desprazamento polo temporal a Lugo, facía entrever unha posible vitoria a domicilio pero cando as locais se empezaron a meter no partido as censes tiraron o partido, a falta de actitude no tramo final onde so por pequenos minutos se tratou de disputar o partido dou lugar a unha derrota merecida ante un rival asequible que planeou mellor as súas cartas no partido.Pese a derrota as sénior se manteñen na zona media da táboa con cinco vitorias, pero moi lonxe dos postos de cabeza dos que antes si desfrutaban.

2ª División Junior Feminino

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE – CALASANCIAS (37-33)
Inmenso partido de novo para as júnior que encadean unha nova vitoria e seguen sumando para a fase de ascenso onde so se encontran a unha vitoria de desvantaxe. O partido disputado no pavillón de Brens foi duro de comezo a fin e a vitoria caería do lado las locais tras un enorme ultimo cuarto.  

2ª División Cadete Masculino

  • Resultado: MARISTAS CORUÑA – ACB COSTA DA MORTE (80-31)
Nada puideron facer os cadetes para facer fronte o enorme poderío físico e bo xogo do colexio coruñés que xa lideraba o partido cunha vantaxe de vinte puntos no primeiro cuarto. Toca seguir traballando.  

2ª División Infantil Masculino

  • Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE – CAMBRE (30-67)
  • Parciais: (0-18; 10-17; 07-18; 13-14
  • ACB COSTA DA MORTE: Lois, 6 ptos; Fran, 0 ptos; Guillermo, 4 ptos; Ramiro, 7 ptos; David, 0 ptos – quinteto inicial – Adrián, 6 ptos; Álvaro, 7 ptos; Alex Domínguez, 0 ptos.
Último partido desta liga que disputaban os rapaces da Costa da Morte, e na sua casa, ante o Cambre, equipo co que na ida perderan por un marcador de 55 – 5. Pintaban moi mal as cousas co resultado do primeiro cuarto, 0-18, que non auguraba nada bo, xa que os rapaces do Ferroatlántica non tiñan acerto no tiro e permitían que os de Cambre colleran unha vantaxe difícil de recuperar. No segundo e terceiro cuarto, Cambre seguiu aumentando a súa diferenza pero os rapaces de casa conseguían sumar puntos no seu casilleiro, facendo que a desventaxa non fora tan alta como no primeiro cuarto. E chegou o último cuarto, no que o equipo de casa xogou o mellor cuarto de toda a liga, cun xogo mais directo e cun maior acerto no tiro, o que lles permitía sumar 13 puntos no seu casilleiro. Agora, a esperar o inicio da seguinte fase da liga, e a seguir obtendo mellores resultados nos encontros que teñan que disputar.  

2ª División Infantil Feminino

  • Resultado: EMBAL – FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (39-42)
Extraordinaria demostración de baloncesto das pequenas do ACB que vencían grazas a un enorme partido de todo o equipo ante un rival moi serio que lle puxo as cousas moi difíciles ata o final. Enorme partido do conxunto que seguen demostrando a súa seriedade en tódolos encontros e que lles permite ascender ao segundo posto da clasificación.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • ACB Costa da Morte.