Basket: @s grandes do ACB saben gañar

Partido do ACB en Cambre

Fantástica fin de semana para o club ACB Costa da Morte que se levaría a vitoria en todas as categorías superiores. A nota negativa foi nas categorías de base onde nin as infantís nin os cadetes conseguían levarse o triunfo.

 

3ª División Senior Masculino

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - VINTAGE 67 (58-48)
  • ACB: Manu (11,1T), Déril (14,1T), Gonzalo (8), Sergio (7,1T), Alfredo -cinco inicial - Iván (10),Nefr (5,1T), Jose(3), e Diego.

Unha volta despois o equipo sénior do ACB volveu a probar o sabor da vitoria, esta vez na casa e fronte o último clasificado da liga que puxo en apuros ao equipo local nun vibrante e tenso partido ata o final.
O partido comezaba ben para os locais que estaba atinados no tiro e cunhas transicións rápidas se poñían por diante no marcador no primeiro cuarto e ampliaban a vantaxe no segundo, conseguindo irse ao descanso cunha renda a favor de dez puntos.

A típica “páxara” apareceu no temible terceiro cuarto onde unha mala defensa e peor ataque, so encestaron dúas canastas en xogo no período, dou ánimos ao equipo coruñés que conseguía remontar o partido grazas ao acerto no tiro de tres puntos e poñerse por diante no marcador. Entón apareceu o carácter do equipo e cun parcial de 10-0 e 24-16 no ultimo cuarto conseguían poñerse por diante de novo e levarse unha traballada pero merecida vitoria.

 

2ª División Sénior Feminino

  • Resultado: ES BAZARRA ACB COSTA DA MORTE - STA.MARIA DEL MAR (44-40)

Incrible vitoria das sénior que volven á senda dos triunfos nun partido que tiveron perdido case todo o tempo. A falta de dez minutos as sénior perdían por dez puntos pero a mellora na defensa e unhas transicións rápidas facían que a falta de quince segundos so perderan por dous puntos, entón a xogada ideada por Pais daría os seus froitos, Fani entrou a canasta con decisión e conseguía empatar o partido.
Foi aí cando o adestrador visitante perdería os papeis nunha falta de tiro algo rigorosa e comezou a increpar o arbitro principal a falta de tres segundos. O árbitro respondeulle con tres faltas técnicas e a súa fulminante expulsión do partido, as ceenses tiñan así cinco tiros libres a favor, dos que aproveitarían catro e mais posesión, levándose a vitoria final.

 

2ª División Junior Feminino

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - EB XIRIA LARACHA (32-27)

Extraordinaria nova vitoria das júnior, esta vez ante o seu público nun vibrante partido. O igualado partido fronte as sempre difíciles xogadores de Laracha se decantaría un extraordinario ultimo cuarto das locais que mostraron o seu mellor nivel. Con esta vitoria se consolidan na terceira posición da táboa, a só unha vitoria das líderes.

 

2ª División Junior Masculino

  • Resultado: CB FERROL - CE CUME CEE (41-42)

A pesar de facer unha primeira parte case perfecta, cunha defensa sen ocos, na que se marcharían no marcador cunha diferenza de dez puntos, o equipo local non se rendería e conseguirían remontar o partido. A falta de 34 segundos o partido estaba empatado a 41 e despois de tres tiros a canasta fallados polos censes, Adrián recibe falta, metendo o segundo tiro libre, quedando 4 segundo por disputar. A boa defensa dos costeiros neses segundos impediron o tiro a desesperada dos ferroláns e levándose unha disputadisima pero merecida vitoria.

 

2ª División Cadete Masculino

  • Resultado: CB ARTEIXO - ACB COSTA DA MORTE (45-34)

Boa segunda parte dos censes no seu desprazamento a pista de Arteixo que se levaría a vitoria tras facer un partido completísimo, onde só os costeiros plantaron cara na segunda metade.

 

2ª División Infantil Feminino

  • Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE - CB CULLEREDO (34-60)

Nova derrota das infantís na fase de ascenso, tras un partido no que as de Cee so dispoñían de seis xogadoras. Tras un primeiro cuarto con moitas perdidas de balón, as costeira mostraron a súa raza e esforzo para poñer en apuros a o mellor equipo da liga e que presionaba a toda pista durante todo o partido. No último cuarto apareceu o cansazo acumulado e xa non puideron seguir o ritmo imposto polas visitantes que se levarían a vitoria comodamente. Pese a derrota bo partido das pequenas que lles serve para coller moral de cara futuros encontros.

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • ACB Costa da Morte.