Basket: Xornada de derrotas para os equipos do ACB
Mala xornada para a familia do ACB que deixa un regueiro de derrotas, algunhas, iso si, cun certo sabor doce.
2ª División Sénior Feminino
- Resultado: LOURENZÁ LUGO – ES BAZARRA ACB COSTA DA MORTE (50-40)
Regular partido das sénior, esta vez na súa cancha, para encadear a cuarta derrota consecutiva.
Un bo inicio con acerto no tiro e unha boa circulación contra a zoa planteada polo equipo lucense facían predicir unha posible vitoria, pero nada mais lonxe da realidade, en canto as visitantes comezaron a encestar de tres puntos e facer unha defensa moito mais dura e férrea, moitas veces fora dos limites do legal, as sénior fóronse do partido e non foron capaces de remontar os apenas dez puntos de desvantaxe cos que afrontaban o ultimo cuarto.
A vindeira semana se enfrontaran novamente en Cee a Santa María del mar en horario aínda por confirmar.
2ª División Junior Masculino
- Resultado: BASKET CORUÑA 99 – CE CUME CEE (58-37)
Primeiro partido da segunda fase para os júnior que os enfrontaba a un equipo coñecido, que inverte moi rápido o balón e saben facer unha gran presión defensiva. Pese a iso, os cinco guerreiros cos que os censes afrontaban o partido (Cristian V, Cristian M, Nando, Adrian e Luci) puxéronlle as cousas moi difíciles ata o descanso. Tras a reanudacion o equipo local despegaríase definitivamente no marcador levándose finalmente o partido.
Pese a derrota bo traballo dos júnior que saen cun bo sabor de boca.
2ª División Infantil Feminino
- Resultado: CB LOS ROSALES – FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (59-40)
Naufraxio total das pequenas do ACB no comezo da fase de ascenso. Un primeiro cuarto horrible sen defensa e sen ataque lastrou todo o partido, onde os lixeiros intentos de remontada víanse rapidamente cortados pola falta de concentración das censes.
Novas relacionadas
- Os chicos melloran e as chicas seguen gañando.
- As Júnior do ACB celebran un título.
- Basket: As mozas seguen mantendo o nivel do ACB.
- Basket: As mozas ao poder.
- Fin de semana de vitorias, derrotas e desculpas para o baloncesto costeiro.
- Arrincou a tempada para o basket costeiro con boas sensacións.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- ACB Costa da Morte.