Bo comenzo do AD Zas Ponciano Nieto na 3ª división nacional de tenis de mesa

Brais Blanco, Miguel Rey e Andrés Fagín do AD Zas Ponciano Nieto A pasada fin de semana debutou o AD Zas Ponciano Nieto na 3ª división nacional do grupo noroeste de tenis de mesa e fíxoo con bo pé. Venceu 2-4 (6-15) ante o AD Dubratambre. O encontro comezou con moita rivalidade entre Ana Pérez e Andrés Fagín - do Zas -. Andrés con pouco entreno non foi capaz de meter moitas bolas dentro da mesa ante unha rival que xa xogara na superdivisión feminina. Na seguinte ronda, Miguel Rey e o xuvenil Brais Blanco superaron con facilidade aos seus contrincantes. Na segunda ronda, Ana Pérez e Miguel xogaron o partido máis interesante da tarde no que Ana gañou novamente por 3-2, 11-9 no 5º set. Resultados parciais
  • Ana Pérez - Andrés Fagín: 3-1
  • Ismael Torreira - Brais Blanco: 0-3
  • Iñaki Alonso- Miguel Rey: 0-3
  • Ana Pérez - Miguel Rey: 3-2
  • Iñaki Alonso - Andrés Fagín: 0-3
  • Ismael Torreira - Brais Blanco: 0-3
Próximos encontros A vindeira xornada da 1ª división da Coruña disputarase o sábado día 15. O AD Zas Construcciones Cernadas enfrentarase ante o Club del Mar. Dentro da 2ª división galega xogarán o Liceo Vilagarcía - AD Zas O Pinar, ás 11 horas; o Oroso TM Hotel Santa Cruz - Vimianzo TM, ás 16 horas; o Oroso TM Peluqueria Tije - Vimianzo TM; ás 18 horas;  o Santa Comba - Recreo Cultural A Estrada, ás 16 horas e o Concello Mazaricos - Recreo Cultural A Estrada, ás 18 horas. Na 3ª división nacional de tenis de mesa, o AD Zas Ponciano Nieto descansa esta fin de semana.

Novas relacionadas

Fonte

  • Stevo Lema.