Boa xornada para todos menos para o Zas

Repetimos o devir das xornadas, e outra vez a xornada foi positiva para todos menos para o Zas. O Zas queda a 5 puntos da salvación e a 8 dun grupo de equipos en problemas, pero é que tras un par de boas xornadas non amosou unha cara positiva, sobre todo na primeira metade. A pegada do DUmbría fixo o resto. Pola súa parte son moi destacables as vitorias dos Cee e Xallas. Os de Pato ata gañan de oficio, e xa están en postos de ascenso. Mentres que o Xallas vencía ante o ata onte líder, o Imperátor, na Coruña, por un contundente 0-5.

Zas - Dumbría (1-4)

  • Zas: Luis de la Peña, Pichín, Diego (Luis Alvite, min.30), Dani, Álvaro (Juan, min.46), Kiko, Peque, Jorge, Javi Suárez, Rubio, Mancebo (Churián, min.75).
  • Dumbría: Juan, Iván Pequeño, Suso, Chula, Pablo Serrano, Aarón, Iago (Marco Docabo, min.70), Schuster (Pablo Conde, min.70), Eloy (Josiño, min.80), Brais (Adrián Mackaay, min.46), Alberto.
  • Goles: 1-0, min.3: Alberto en posible fóra de xogo; 1-1, min.20: Kiko á saída dun córner; 1-2, min.40: Schuster tras un erro da defensa; 1-4, min.75: Adrián Mackaay á contra; 1-4, min.77: Adrián Mackaay tras xogada de Eloy pola banda.
  • Lesión: o zaense Diego cun nocello tocado.
Saíu o Zas aturdido e na primeira xogada Alberto marcaba para os dumbrieses. Non tardou o Zas en empatar pero aínda así o xogo do equipo local era de pouca intensidade e con moitas imprecisións. Ao longo da primeira metade controlou o Dumbría, con Brais e Alberto moi activos na punta levando de cabeza aos defensas locais. Schuster adiantou de novo aos dumbrieses merecedores de ir por diante ao descanso. Cambiou o conto na segunda, e o Zas saíu moito máis intenso facéndose co dominio do partido pero sen crear ocasións claras. Tivo Peque unha bo ocasión tras un bo control pero encheuse de balón. E tamén co 1-2, o equipo local protestou un posible penalti sobre Javi Suárez co 2-1. E cando mellor estaba o Zas, sempre con esa carencia de cara a gol, chegaron os goles de Adrián Mackaay á contra para matar o encontro.

Cee – Unión (2-1)

  • Cee: Mingos, Fiuza, Jacobo (Sestayo, min.70), Rafa, Javi Rañal, Fermín, Angeliño, Fernandito, Chapu (Penedo, min.60), Llanero, Luigi.
  • Goles: 1-0, min.20: Luigi dende 40 por riba do porteiro; 1-1, min.44: de cabeza; 2-1, min.89: Luigi tras un remate de cabeza de Llanero.
Bo partido, ante un grande equipo, o do Cee, que xa gaña ata cando non o merece. O Unión levou o peso do partido en todo momento, pero sen chegar demasiado. O Cee, serio atrás e saíndo á contra con Llanero. Houbo boas ocasións para os dous equipos e o máis xusto sería o empate. Pero aí estaba Luigi, que volvía a namorar co gol e manter os 3 puntos que meten ao Cee en pstos de ascenso.

Imperator - Xallas (0-4)

  • Xallas: Cheli, Ismael, Iván Forján, Pica, Pepe, Brais (Ricardo, min.70), Adrián Beiroa (David, min.89), Jesús (Alvaro, min.77), Toni (Roberto, min.79), Ventura (Carteiro, min.80), Leo.
  • Goles: 0-1, min.44: Adrián Beiroa tras centro de Ventura; 0-2, min.50: Toni dun zurdazo á cepa do pao; 0-3, min,70: Ventura tras pase de Toni en profundidade; 0-4, min.83: Toni de falta coa axuda do meta.
  • Expulsión: un local.
Partidazo do Xallas na Coruña para vencer o que era ata onte líder da 12ª. Comezaba o encontro algo tolo, con alternativas nas dúas bandas. O equipo de Iván Cancela e Santi Casal, foi asentándose e chegaron os goles nos momentos claves. Adrián Beiroa chegaba no segundo pao a un centro de Ventura para marcar o primeiro tanto ao fío do descanso. E á volta dos vestiarios, Toni puña un zurdazo dende fóra na cepa do poste para acabar case que co partido. Ventura, e o propio Toni, nunha cantada do metal local, ampliaron a vitoria.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte